Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.967

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 27 de setembro de 1999, aprobou inicialmente o estudio de detalle para a ordenación do parque universitario EU-4 en Vista Alegre, promovido polo Consorcio de Santiago de Compostela.

O ámbito de actuación ten unha superficie de 36.300 m e está comprendido entre os seguintes lindeiros.

Norte: traseiras das edificacións con fronte á rúa das Salvadas, de Vista Alegre e Os Pelamios.

Sur: Corredoira de Morón.

Leste: Regato dos Corgos.

Oeste: Rúa das Salvadas.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que consideren oportunas.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina, por aplicación do disposto no artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación, sen prexuízo da concesión daquelas que, baseadas no plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica vixente, non incumpran as determinacións do estudio de detalle.

Consionte o previsto no artigo 42.6º da Lei do solo de Galicia, este anuncio servirá de citación persoal, en forma legal, ó seguinte propietario de titularidade descoñecida.

Propietario: descoñecido.

Parcela: 2.

Superficie: 660 m.

Lindes.

-Norte: rúa dos Pelamios.

-Sur: parcela 1 (propiedade do Concello de Santiago de Compostela).

-Leste: Regato dos Corgos.

-Oeste: traseiras das edificacións con fronte á rúa das Salvadas e Vista alegre e rúa dos Pelamios.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde