Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.953

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T., R.B.T. Carballido, no concello de Vilalba. (Expediente 4873 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Cidade de Viveiro, 4, Lugo, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997, sen que se presentaran alegacións nin oposición ó trazado da liña na fase de información pública.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos Decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. o establecemento da dita ins

talación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión ó C.T. da Fraga con orixe na L.M.T. ó C.T. de Carballido e remate no C.T.I. da Fraga, cunha lonxitude de 1.250 m.

2. Liña de media tensión ó C.T. das Lamelas con orixe na L.M.T. ó C.T. da Fraga e remate no C.T. das Lamelas, cunha lonxitude de 572 m.

3. Liña de media tensión ó C.T. do Pombeiro con orixe na L.M.T. ó C.T. da Fraga e remate no C.T. de Carballido, cunha lonxitude de 374 m.

4. Liña de media tensión ó C.T. de Carballido, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Carballido e remate no C.T. de Carballido, cunha lonxitude de 19 m.

5. Liña de media tensión ó C.T. de Campelos, con orixe na L.M.T. ó C.T. de Carballido e remate no C.T. de Campelos, cunha lonxitude de 10 m.

(Estarán executadas en conductor LA-56, sobre apoios de formigón e torres metálicas tipo C).

6. Centro de transformación da Fraga de 50 kVA.

7. Centro de transformación das Lamelas de 50 kVA.

8. Centro de transformación do Pombeiro de 100 kVA.

9. Centro de transformación de Carballido de 50 kVA.

(Serán do tipo de intemperie sobre unha torre metálica).

11. Redes de baixa tensión. (Estarán feitas en conductores illados R.Z.-95 e R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón, cunha lonxitude de 9.600 m).

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico o 5 de xuño de 1998, entendendo que os extremos que nel se recollen non teñen entidade suficiente para non proceder a súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que polo representante da Administración se dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo

do 3 de abril de 1999, Diario Oficial de Galicia do 22 de abril de 1999 e no diario El Progreso do 18 de marzo de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente o seu dereito.

Lugo, 22 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo