Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.954

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/255-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: Reforma C.T.C. Feáns.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V.-12/20 kV de 3(1x240)mmAl de 30 m de lonxitude, con orixe en apoio que se vai instalar en liña a Grela-Sigrás e final no mesmo apoio e liña, unha vez que entre e saia de C.T.C. Feáns, que se vai instalar. De 15 m de lonxitude, con orixe en apoio que se intercalará na liña que alimenta o C.T. Atunicia e final, na mesma liña e apoio unha vez que entre e saia no C.T.C. Feáns, proxectado . Centro de transformación, tipo caseta, de 250 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV, en Feáns, do que sae rede de baixa tensión subterránea en conductor R.V. de 20 m de lonxitude. A Coruña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 28 de setembro de 1999.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña