Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.928

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 21 de outubro de 1999 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro da do 28 de maio de 1999 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas correspondentes ó programa Apoio á I+D industrial.Tecnoloxías industriais, do Plan Galego de IDT para 1999.

A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 28 de maio de 1999 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas correspondentes ó programa Apoio á I+D industrial. Tecnoloxías industriais, do Plan Galego de IDT para 1999 (DOG nº 135, do 15 de xullo). O obxectivo desta orde é fomenta-la realización de proxectos de I+D nas empresas da Comunidade Autónoma galega.

Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda a presentación, antes do día 15 de novembro de 1999, da documentación acreditativa do investimento realizado.

Tendo en conta o atraso con que foi publicada a devandita orde e que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 28 de maio de 1999, ata o día 30 de novembro de 1999.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio