A Consellería de Industria e Comercio dictou a Orde do 29 de marzo de 1999 pola que se regula a concesión de subvencións co obxectivo da incentivación dos investimentos en tecnoloxía conducentes á mellora dos procesos productivos na industria da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 63, do 7 de abril de 1999).
Na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axuda a presentación, antes do día 15 de novembro de 1999, da documentación acreditativa do investimento realizado.
Tendo en conta que o elevado número de solicitudes presentadas motivou un longo proceso de avaliación dos proxectos, considérase necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.
En consecuencia, en uso das atribucións que me foron concedidas,
DISPOÑO:
Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos ou actuacións subvencionables ó abeiro da orde da Consellería de Industria e Comercio do 29 de marzo de 1999, ata o día 30 de novembro de 1999.
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Industria e Comercio