Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Xoves, 04 de novembro de 1999 Páx. 12.926

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1999, conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e do Servicio Galego de Saúde, pola que se resolven as axudas para a realización de proxectos de investigación convocadas na Orde do 18 de xuño de 1999 (Diario Oficial de Galicia número 121, do 25 de xuño).

A orde conxunta das consellerías da Presidencia e Administración Pública e de Sanidade e Servicios Sociais, do 18 de xuño de 1999, aprobaba as bases para a convocatoria de axudas para a realización de proxectos de investigación. No seu artigo 4º determinábanse os criterios de valoración e materias preferentes que deberían ter en conta os membros da comisión encargada de realiza-la proposta de resolución.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e o Servicio Galego de Saúde,

RESOLVEN:

Primeiro.-Concede-las axudas para a realización de proxectos de investigación en Galicia dentro dos

centros, servicios e establecementos sanitarios públicos da Comunidade Autónoma de Galicia ás persoas que se relacionan no anexo I desta resolución, na contía que en cada caso se sinala.

Segundo.-As solicitudes que non figuran relacionadas no mencionado anexo, que foron admitidas para participar neste concurso, entenderase que quedan denegadas por non conseguiren, no proceso de selección, a avaliación favorable.

Terceiro.-A inobservancia por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 18 de xuño de 1999 (DOG do 25 de xuño) suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Cuarto.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Pre

sidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto no artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

O presidente do ServicioO secretario xeral de

Galego de SaúdeInvestigación e Desenvolvemento

ANEXO I

AXUDAS CONCEDIDAS POLA SECRETARÍA XERAL DE INVESTIGACIÓN E DESENVOLVEMENTO. PRESIDENCIA

Con cargo á aplicación orzamentaria da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento: 04.07.432 A.780.0

Investigación principalTítulo proxectoCódigo nº

proxecto

Contía

concedida

Centro

CASARIEGO VALES, EMILIOUTILIDADE CLÍNICA DO MÉTODO DE WEIBULL NA PREDICCIÓN DA MORTALIDADE TRAS BACTERIEMIAPGIDT.99.SAN.0151.296.900C.H. XERAL CALDE

LLOVO TABOADA, JOSECATÁLOGO FOTOGRÁFICO MACRO-E MICROSCÓPICO DOS ASPERGILLUS ILLADOS EN GALICIAGIDT.99.SAN.061.471.137C.H. UNIVERSITARIO DE

SANTIAGO-HOSPITAL

CONXO

MUÑIZ GARCÍA, JAVIEREFECTO DO GRAO DE DESENVOLVEMENTO DOS SERVICIOS DE CARDIOLOXÍA NA UTILIZACIÓN DE PROCEDEMENTOS DIAGNÓSTICOS TRALO INFARTO AGUDO DE MIOCARDIO NOS HOSPITAIS DE GALICIAPGIDT.99.SAN.051.445.000C.H. JUAN CANALEJO

PEGO REIGOSA, JOSÉ MARÍAOSTEOPOROSES NA CIRROSE HEPÁTICA AVANZADA. EVOLUCIÓN TRAS TRASPLANTE. ESTUDIO DOS MECANISMOS DE OSTEOPENIA E A SÚA CORRELACIÓN COA SÍNTESE IGF.IPGIDT.99.SAN.02421.000HOSPITAL MEIXOEIRO

VARELA CENTELLES, PABLO I.ESTUDIO EPIDEMIOLÓXICO DOS FACTORES DE RISCO DO CANCRO ORAL EN GALICIA, AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E VARIABLES PRONÓSTICASPGIDT.99.SAN.08330.000XERENCIA DE ATENCIÓN PRIMARIA C.S. BUREL-LUGO

AXUDAS CONCEDIDAS POLA CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS. SERGAS

Con cargo á aplicación orzamentaria do Servicio Galego de Saúde. Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: 5001.2223.780.0

Investigación principalTítulo proxectoCódigo nº

proxecto

Contía

concedida

Centro

BOULLÓN AGRELO, CARLOSESTUDIO DA PREVALENCIA DE FUMADORES NA POBOACIÓN DE DIABÉTICOS NUN CENTRO DE SAÚDEPGIDT.99.SAN.09560.000XERENCIA ATENCIÓN PRIMAIRA C.S. MATAMÁ-VIGO

FERNÁNDEZ LASTRA, ALBERTOESTUDIO NEUROFISIOLÓXICO E POTENCIAIS EVOCADOS P300 NO DIAGNÓSTICO E SEGUIMENTO DE PACIENTES CON ENFERMIDADES DE ALZHEIMERPGIDT.99.SAN.0121.290.000C.H. XERAL CALDE

GONZÁLEZ MORALEJA, JULIOAVALIACIÓN DO PRINCIPIO DE AUTONOMÍA DOS DOENTES EN GALICIA E COMO DIN OS MÉDICOS GALEGOS AS MALAS NOTICIAS. UNHA AVALIACIÓN DO RESPECTO Ó PRINCIPIO DE AUTONOMÍAPGIDT.99.SAN.0101.340.000C.H. ARQUITECTO MARCIDE NOVOA SANTOS

GONZÁLEZ MORALEJA, JULIOCHLAMYDIA PNEUMONIAE E PNEUMONÍAS DA COMUNIDADE EN FERROL. UN ESTUDIO PROSPECTIVOPGIDT.99.SAN.0111.445.000C.H. ARQUITECTO MARCIDE NOVOA SANTOS

LENS NEO, JOSÉ MANUELIMPACTO SOCIOECONÓMICO DUN PROGRAMA DE IDENTIFICACIÓN PRECOZ E DIAGNÓSTICO MOLECULAR DA POLICISTOSE RENALPGIDT.99.SAN.0141.300.000C.H. UNIVERSITARIO DE SANTIAGO

MARTÍNEZ VÁZQUEZ. CESAR A.PREVALENCIA DA HEMATOCROMATOSE EN TRABALLADORES SANS. IMPORTANCIA DE ENGADIR NA ANALÍTICA DO PERFIL BIOQUÍMICO UNHA SATURACIÓN DE TRANSFERRINAPGIDT.99.SAN.03600.000C.H. XERAL CIES

MARTÍNEZ VÁZQUEZ, CESAR A.PREVALENCIA DA SÍNDROME ANTIFOSFOLÍPIDA EN DOENTES MENORES DE 65 ANOS CON INFARTO AGUDO DE MIOCARDIOPGIDT.99.SAN.04600.000C.H. XERAL CIES

PARAJO CALVO, ALBERTOAPLICACIÓN DE ADHESIVOS TISULARES NA REPARACIÓN DE HERNIAS DA PAREDE ABDOMINAL CON MALLA. ESTUDIO BIOMECÁNICO E HISTOLÓXICOPGIDT.99.SAN.01700.000C.H. OURENSE-HOSPITAL STA. Mª NAI

TOUBES NAVARRO, ELENAINFLUENCIA DE FACTORES HEREDITARIOS E ALERXIA NA PRESENTACIÓN DA ASMA BRONQUIAL NA PROVINCIA DE OURENSEPGIDT.99.SAN.0131.500.000C.H. OURENSE

VARELA CENTELLES, PABLO I.PREVALENCIA DE CARIES E ACTITUDES FRONTE Á SAÚDE ORAL NOS ESCOLARES DO ENSINO PRIMARIO DA MARIÑA CENTRALPGIDT.99.SAN.07100.000XERENCIA ATENCIÓN PRIMARIA C.S. BURELA-LUGO