Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Lugo do 22 de setembro de 1999, aprobouse inicialmente o proxecto e anexo de ampliación e modificación do proxecto de autorización conxunta das ampliacións das redes de distribución urbana de gas na cidade de Lugo no ano 1998, redactados polo enxeñeiro Gabriel Collado Rodríguez, cuns orzamentos totais de 257.838.541 ptas. e 37.866.086 ptas., por solicitude de Gas Galicia S.D.G., S.A.

De conformidade co establecido nas disposicións vixentes sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o que se poderá examina-lo expediente no Servicio de Xestión Urbanística (Ronda da Muralla, nº 197), e presenta-las alegacións ou suxestións que estimen oportunas.

Lugo, 13 de outubro de 1999.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria do Concello de Lugo