Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello Pleno, en sesión extraordinaria celebrada o pasado 19-10-1999, co quórum de maioría absoluta do número legal de membros da corporación, acordou:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o documento do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos de outubro do 1999.

Segundo.-Que se proceda á publicación deste acordo de aprobación definitiva no DOG e no BOP, debendo publicarse tamén neste último o documento que contén a normativa e as ordenanzas, tal como preceptúa o artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Terceiro.-O presente acordo comunicaráselle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ó que se lle dará traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente, con tódolos planos e documentos que integran o plan, debidamente dilixenciado polo secretario do concello.

Recursos: contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente o recurso de reposición ante o mesmo órgano que o dictou no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste acordo. Se se interpón o recurso de reposición non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Transcorrido un mes desde a interposición do recurso potestativo de reposición sen que se lle notificase resolución expresa, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa, podendo interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación da resolución expresa do recurso de reposición, ou no prazo de seis meses, contados desde o día seguinte ó de aquel no que se produza o acto presunto.

Non obstante, poderase impugnar directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa. Para tal efecto, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación do presente acordo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, poderase interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Mugardos, 25 de outubro de 1999.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde