Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.919

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO de licitación.

De conformidade co disposto no artigo 79 da LCAP, anúnciase concurso para adxudica-la seguinte subministración:

1. Entidade adxudicadora: Concello de Lalín, praza do Concello, nº 1. 36500 Lalín. Tlf.: 986 78 70 60. Fax 986 78 20 42.

2. Obxecto: adquisición de mobiliario para a gardería municipal, que se entregará no prazo máximo

de 20 días no mercado de gando (travesía exterior de Lalín).

3. Tipo de licitación: 6.000.000 de pesetas (IVE incluído).

4. Obtención de documentación e publicidade dos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas: estará de manifesto tódolos días hábiles e ata o día anterior ó de remate de presentación de proposicións, nas oficinas municipais, secretaría. Durante os oito primeiros días hábiles, seguintes á publicación deste anuncio, poderanse presentar reclamacións contra el, suspendéndose a licitación en caso de impugnación.

5. Garantía provisional: 2% do tipo.

6. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto e tramitación urxente.

7. Presentación de proposicións: durante os trece días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no DOG. A oferta manterase durante o prazo de tres meses.

8. Apertura de proposicións: terá lugar na casa do concello, ás 13 horas do día hábil seguinte á conclusión do prazo para presentación de proposicións; de coincidir en sábado trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos: serán por conta do adxudicatario, de conformidade co establecido no prego.

Lalín, 4 de outubro de 1999.

Lucita Villar Jar

Concelleira delegada