Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T., C.T. e R.B.T. Ligonde, concello de Monterroso. (Expediente 19/1999 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Saénz Díez, 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica a que se fai referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997, antes citada.

Visto que na fase de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1. Julio Vázquez Rodríguez, quen, en relación co predio nº 79 dos afectados pola L.M.T. proxectada, alega un erro na cualificación do terreo ó figurar no expediente como monte alto cando, segundo criterio do alegante, debería figurar como arboreda ó existir no devandito predio numerosas árbores afectadas polo paso da liña.

Considerando que as ditas alegacións non impiden a tramitación do expediente por esta delegación provincial por canto:

1. Non se dan as condicións previstas no artigo 57.D da Lei 54/1997, do sector eléctrico nin no artigo 26 do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro.

2. Polo que respecta á alegación formulada por Julio Vázquez Rodríguez, a cualificación de monte alto é axeitada para a identificación do seu predio por canto responde a existencia no predio sirvente dunha cantidade de árbores cun fuste e diámetro considerables como é o caso que nos ocupa, sendo o levantamento da correspondente acta previa á ocupación, o momento no que se defina de maneira axeitada o número e clase de arboreda afectada polo paso da liña sobre a parcela do alegante.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea Pallotas-Brixeo de 20 kV, con orixe na L.M.T. Guntín-Palas de Rei e remate no C.T. de Brixeo, cunha lonxitude de 5,043 km. Conductor LA 56/54,6 mm, nº apoios/tipo 39/HV-HVH e largo de afección 10 m.

2. Liña de media tensión aérea derivación ó C.T. de Ligonde, de 20 kV, con orixe no P 13 da L.M.T. Pallotas-Brixeo e remate no P 2 da L.M.T. Deriv. o C.T. de Ligonde, cunha lonxitude de 0,099 km. Conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm nº apoios/tipo 2/HV e longo de afección 10 m.

3. Liña de media tensión derivación ó C.T. de Val, de 20 kV, con orixe no P 33 L.M.T. Pallotas-Brixeo e remate no C.T. de Val cunha lonxitude

de 0,007 km conductor tipo/sección LA 56/54,6 mm e nº apoios/tipo 1/HVH e largo de afección 10 m.

4. Centro de transformación intemperie de Brixeo, situado en Brixeo, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

5. Centro de transformación intemperie de Val, situado en Val, cunha potencia de 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

6. Liña de baixa tensión en Brixeo cunha lonxitude de 0,98 km. Nº apoios/tipo 13/HV.

7. Liña de baixa tensión aérea en Val con orixe no C.T. de Val, cunha lonxitude de 0,92 km e nº de apoios tipo 10/HV.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 19 de maio de 1999.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 12 de xuño de 1999, Diario Oficial de Galicia do 18 de xuño de 1999 e no xornal El Progreso do 9 de xuño de 1999 e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas, poderase formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 23 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo