Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T. Arxemil, concello de Sober. (Expediente 4516 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na rúa Saénz Díez, 45, Ourense, que solicita aprobación de proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica a que se fai referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que nela non se dá ningunha das

prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997, antes citada.

Visto que na fase de información pública se presentaron as seguintes alegacións:

1. Elsa Castro González quen, con respecto ós predios 166 e 168 dos afectados pola presente instalación eléctrica, manifesta a súa única oposición ó importe da indemnización por considerar que a traza da liña supón unha ocupación case total dos predios.

Considerando que as devanditas alegacións se refiren ó importe da indemnización pola imposición da servidume ó non chegar a un acordo coa empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., corresponde dilucidar tal cuestión noutro trámite procedemental posterior.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizar a Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea Canaval-Arxemil de 20 kV, con orixe no apoio s/n da L.M.T. de Refoxo e remate no C.T. Arxemil, cunha lonxitude de 6,923 km. Conductor LA 56/54,6 mm e apoios de formigón.

2. Liña de media tensión aérea de 20 kV con orixe no apoio nº 7 da L.M.T. a Arxemil e remate no apoio número 2 da L.M.T. a depuradora, cunha lonxitude de 0,084 km. Conductor LA 56/54,6 mm e apoios de formigón.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Aproba-lo seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 20 de setembro de 1999, entendendo que os puntos que nel se recollen

non teñen entidade suficiente para non proceder á súa aprobación.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, de 16 de decembro de 1954, e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, en data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no BOP de Lugo do 10 de maio de 1999, Diario Oficial de Galicia do 20 de maio de 1999 e no xornal El Progreso do 5 de maio de 1999, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións, por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, antes esta delegación provincial.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa, e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 22 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo