Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.909

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1999, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 99/106-2, 5189 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro 4, 27002 Lugo.

Denominación: cambio tensión a 20 kV Magazos-Xerdiz-Miñotos (Muras).

Situación: Muras, Ourol, Viveiro.

Descricións técnicas: 2 L.M.T. C.T.C. Landrove 1-Derivación C.T.C. depuradora-C.T.I. gráficas Santiago de 622 m e L.M.T. derivación C.T.C. depuradora de 22 m ambas sobre apoios de formigón e conductor LA-56 L.M.T. subterránea C.R. Chavín. 2 C.T.I. en Landrove e Xerdiz ambos de 160 kVA e relación 20.000/380-220 V. Cambio de transformador nos C.T.I. de Vilabuín, Pallaza, A Igrexa, Carballas, Carmen, Requerez, Pazo, Cal, Zarza, As Cabanas, Cruz María Pan, Gromedoiro, Ramos Cuíña, Nogarido, Chavín, Chaos, Ameneirais, Cora, Matadoiro, Portochao e Renault de relación 20.000/380-220 V. C.T.S. interior da Telleira, Landrove, Carrocerías, Valcarria, Escora, Xerdiz, Revolta e Carballeira, todos de 250 kVA e a 20.000/380-220 V. C.T.I. Chavín de 160+160 kVA e relación 6.000/380-220 V e 20.000/380-220 V. Centro de reparto de Chavín con transformador de servicios auxiliares de 25 kVA.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 7 de setembro de 1999.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo