Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.900

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (389/1997).

Luis Fernández-Arias González, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, fai saber que neste xulgado se segue xuízo de faltas 389/1997 por lesións de agresión, feito ocurrido o día 1 de novembro de 1996 en Rianxo (A Coruña), no que figuran como denunciante Pilar Blanco Lojo e como denunciado José Antonio Durán Abuín, sinalado o xuízo verbal de faltas para o próximo día 19 de xaneiro de 2000 ás 11 horas.

E sendo descoñecido o domicilio do denunciado José Antonio Durán Abuín, por medio deste edicto cítaselle de comparecencia para ante este xulgado sito en Padrón, r/ Tetuán s/n, para o día e hora sinalados, 19 de xaneiro do 2000 ás 11 horas, co fin de realiza-lo xuízo verbal de faltas en calidade de denunciado, no que poderá comparecer asistido de letrado e cos medios de proba de que intente valerse.

Dado en Padrón o once de outubro de mil novecentos noventa e nueve.

O secretario

Rubricado