Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.900

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

CÉDULA de citación (129/1999).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado, na peza separada de medidas provisionais de xuízo de separación conyugal (5*) seguidos neste xulgado baixo o nº 129/1999, por instancia de Julia Pena Vilacoba representada por Avelino Calviño Gómez (de oficio), por esta cédula cítase a Ramón Mella Paderne, en ignorado paradoiro, para que o vindeiro día vintenove de novembro, ás dez trinta horas, compareza ante este xulgado defendido de letrado e representado por procurador á comparecencia previda no artigo 1897 da Lei de axuizamento civil, baixo apercibimento que de non o facer será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso sen máis oílo nin citalo, e entendéndose as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o 1 de outubro de 1999.

O secretario

Rubricado