Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 212 Mércores, 03 de novembro de 1999 Páx. 12.900

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (84/1999).

Lorenzo Villapando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela dá fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 84/1999 se dictou a presente sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«En Santiago de compostela, vintetrés de xuño de mil novecentos noventa e nove.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos do xuízo de faltas nº 84/1999, seguidos por danos, nos que foi parte denunciante Raimundo García Veiga, como párroco da igrexa de Santa Susana desta cidade, aparecendo como parte denunciada Manuel Ángel Rivas Alonso, maior de idade, o Ministerio Fiscal mostrouse parte. Decido que debo condenar e condeno a Manuel Ángel Rivas Alonso, como autor responsable dunha falta do artigo 625 do Código Penal, á pena de 3 arrestos de fin de semana, sendo de aboamento o tempo que estivo detido por esta causa, e ó pagamento das custas procesuais; igualmente deberá indemniza-lo Bispado de Santiago de Compostela na cantidade de 24.670 ptas.; así mesmo, deberá aboa-lo pagamento das custas procesuais.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncio, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación de sentencia a Manuel Ángel Rivas Alonso, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Santiago de Compostela a oito de outubro de mil novecentos noventa e nove.

O secretario

Rubricado