Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 7 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da iniciación do expediente sancionador 32.103/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

notifícaselle á sociedade mencionada a continuación (que non puido ser notificado no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a iniciación do expediente sancionador 32.103/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

O que se lle comunica á sociedade interesada para que no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó desta notificación efectúe as actuacións prelimiares, a achega de cantas alegacións, documentos ou informacións considere convenientes e, de se-lo caso, a proposición e práctica de probas, advertíndolles á sociedade interesada que lle queda posto de manifesto o expediente e que, de non efectuar alegacións ó contido deste acordo de iniciación, este poderá ser considerado como proposta de resolución.

Expediente: 32.103/1999.

Inculpado: Newcasting Publicaciones S.L.

Enderzo: La Cultura nº 5 Rivas-Vaciamadrid (Madrid).

Motivo: irregularidades na documentación contrato. (Reclamación).

Data do inicio: 13-9-1999.

Ourense, 7 de outubro de 1999.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo