Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.800

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 7 de outubro de 1999, do Servicio Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente sancionador simplificado 32.034/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa relacionada a continuación (que non puido ser notificada no último enderezo coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente sancionador simplificado 32.034/1999, por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso ordinario ante o presidente do Instituto Galego de Consumo (edificio administrativo San Caetano nº 5, 15704 Santiago de Compostela) no prazo dun mes a partir do seguinte día ó da notificación. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 da Caixa Galicia (2091), oficina de Relación con Organismos (0388) Santiago de Compostela; noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

a) As débedas notificadas entre os días un e quince de cada mes, desde a data de notificación ata o

día cinco do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

b) As débedas notificadas entre os días dezaseis e último de cada mes, desde a data de notificación ata o día vinte do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 32.34/1999.

Inculpado: Fidel Paradelo Paradelo.

Enderezo: Rampla nº 31, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Sanción e motivo: cento cincuenta mil pesetas (150.000 ptas.). Irregularidades na prestación do servicio.

Data de resolución: 9-6-1999.

Ourense, 7 de outubro de 1999.

Antonio Aguarón Turrientes

Xefe do Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo