Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.799

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 30 de setembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se notifica proposta dos expedientes de desafiuzamento por non ocupación, intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, por resultaren descoñecidos os seus domicilios (expediente 17/1999 e 20/1999).

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, noti

fícaselles ós interesados, cos datos e último domicilio coñecido sinalados no anexo, a proposta dos correspondentes expedientes administrativos de desafiuzamento que, cos números que se indican, se iniciaron neste organismo por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario ou arrendatario, causa suficiente para a resolución dos contratos, prevista nos artigos 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación á proposta perante este Servicio Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; poderá alegar por escrito o que consideren conveniente e, se é o caso, propoñendo as probas que crean oportunas no seu descargo. Transcorrido o dito prazo darase por rematado o trámite e o expediente seguirá o seu curso.

Para que conste e lles sirva de notificación os interesados de enderezo descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 30 de setembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 17/1999 (non ocupación).

Adxudicatarios: Manuela Rodríguez Otero e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Tulipanes, bloque 38, P-9, 2º dereita (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 1112).

Nº expediente de desafiuzamento: 20/1999 (non ocupación).

Adxudicatarios: Lino Garea Souto e herdeiros.

Último domicilio coñecido: r/ Violetas, bloque 35, P-21, 6ºD (A Coruña).

(Expte. C-136-CD/63, conta 1080).