Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 21 de setembro de 1999 de notificación de resolucións relativas a expedientes de desafiuzamento administrativo seguidos contra varios adxudicatarios de vivendas de protección oficial (expediente C1IV78).

De conformidade co disposto nos artigos 60.2º e 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por esta cédula notifícaselles ós beneficiarios de vivendas de protección oficial cos datos relacionados no anexo a resolución pola que se acorda a resolución de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas, por falta de pagamento das cotas pendentes, e o lanzamento das devanditas vivendas.

Requiridos para o pagamento dos recibos pendentes e transcorrido o prazo outorgado sen que o requirimento fora atendido, este feito constitúe causa legal suficiente, ó abeiro dos artigos 138 e 142 do Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial, para a resolución do contrato, desafiuzamento e lanzamento das vivendas.

Na tramitación dos expedientes observáronse as normas vixentes contidas nos artigos 138 a 144 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, artigo 30 do texto refundido de VPO, Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, artigos 58, 59 e 96.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e artigo 8.5º

da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O lanzamento será levado a cabo polo representante legal da entidade colaboradora Hnos. Alonso Garrán S.L., con credencial para o efecto subscrita e asinada polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo e coa autorización xudicial para a entrada no domicilio de particulares na execución de actos forzosos da Administración, incorporada ó expediente e co auxilio das forzas de seguridade do Estado, autonómicas ou locais.

Advírteselles ós interesados que, de conformidade co establecido no Regulamento de vivendas de protección oficial, poderán evita-lo lanzamento aboando o total da débeda co recargo do 10% establecido no artigo 138 do Decreto 2214/1968, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte a aquel en que teña lugar a publicación desta cédula, así como as cantidades pendentes en concepto de cotas de comunidade sen pagar.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1999.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

ANEXO

AdxudicatarioExpedienteContaÚltimo domicilio coñecidoRéximeDébeda

requirida

Data

resolución

Manuela Grueiro MaroñoC1IV78129Rúa Enrique Granados, Bl. 41,

Ptal. 19, baixo I, Ferrol-A Coruña

Aluguer664.811 ptas.8-9-1999

Pilar Seoane LópezC1IV78146Rúa Enrique Granados, Bl. 41,

Ptal. 21, 1º I, Ferrol-A Coruña

Aluguer493.839 ptas.8-9-1999

Santiago Díaz BonomeC1IV78 83Rúa Enrique Granados, Bl. 41,

Ptal. 12, 2º C, Ferrol-A Coruña

Aluguer1.178.976 ptas.8-9-1999

Francisco Díaz DíazC1IV78 61Rúa Enrique Granados, BL. 41,

Ptal. 9, 3º D, Ferrol-A Coruña

Aluguer586.540 ptas.8-9-1999