Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.798

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 22 de setembro de 1999, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolución do expediente de desafiuzamento por ocupación sen título legal 2/1999 (expediente C-2-CD/68, conta 1833).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselle ó interesado, cos datos e último enderezo

coñecido sinalado no anexo, resolución do correspondente expediente administrativo de desafiuzamento que, co número que se indica, se iniciou neste organismo por ocupación sen título legal para iso, causa prevista no artigo 30.2º do R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.2º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.

Contra esta resolución que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no plazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 22 de setembro de 1999.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº expediente de desafiuzamento: 2/1999 (ocupación sen título).

Adxudicatario: Jesús Vicente Teijeiro Pita e outros.

Último domicilio coñecido: Padre Feijoo, bloque 27, P-3. 4º Esq. (Ferrol) (expediente C-2-CD/68, conta 1833).