Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.781

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (975/1999-4).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber:

Que en virtude do acordado por dilixencia de ordenación desta data, recaída nos autos procedemento abreviado nº 975/1999-4 a providencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva como segue:

«Providencia maxistrado-xuíz Ramírez Sineiro.

A Coruña, 23 de xuño de 1999.

Pola que a S.Sª, tendo en conta o contido dos autos nº 975/1999 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña e que resulta aplicable a vía procedemental correspondente ó procedemento abreviado, omitida aquela preceptiva interposición directa de demanda, de conformidade contrario sensu cos artigos 78.2º e 45.3º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda outorga-lo oportuno prazo de dez (10) días, co fin de que aquel promovente emende semellante omisión procedemental, con expresa advertencia de arquivo das actuacións.

Mándao e asínao S.Sª do que, como titular da súa secretaría, dou fe».

E para que lle sirva de notificación ó recorrente José Figueiras Garrido, administrador da entidade Confiro, S.L., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 1999.

Ramón Fernández Agra

Secretario