Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.781

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (656/1999-4).

Eu, Ramón Fernández Agra, secretario xudicial do Xulgado de Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fai saber:

Que en virtude do acordado por dilixencia de ordenación desta data, recaída nos autos procedemento abreviado nº 656/99-4 a providencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva como segue:

«Providencia maxistrado-xuíz Ramírez Sineiro.

A Coruña, 5 de maio de 1999.

Pola que a S.Sª, tendo en conta os autos nº 656/1999 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña e antes de admiti-la demanda a trámite, acorda notificarlle á parte demandante que, estando en vigor a Lei 1/1996, do 10 de xaneiro, de asistencia xurídica gratuíta (BOE 793, do 12 de xaneiro), a solicitude de designación de avogado e procurador de quenda de oficio, deberá formulala ante o Colexio de Avogados da Coruña (edificio Novos Xulgados, r/Monforte, s/n 4ª planta), co obxecto de que a Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta poida proceder ó seu estudio e decidir se concorren ou non os requisitos para a obtención da dita asistencia.

Todo iso co apercibimento de que, no caso de non presenta-la solicitude dentro do prazo de trinta días, contados a partir da notificación deste edicto, se procederá sen máis trámite ó arquivo das actuacións. Deberase acreditar perante este xulgado do contencioso-administrativo a efectiva presentación da dita solicitude dentro dos dez (10) días seguintes ó remate do anterior prazo.

Mándao e asínao S.Sª do que, como titular da súa secretaría, dou fe».

E para que lle sirva de notificación ó recorrente David Senín Sampayo, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 1 de outubro de 1999.

Ramón Fernández Agra

Secretario