Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.781

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1999 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, do servicio de limpeza na Casa de Galicia en Madrid.

Obxecto: contratación do servicio de limpeza da Casa de Galicia en Madrid, sita na rúa de Casado de Alisal, 8, en Madrid.

Orzamento de licitación: 13.000.000 de pesetas (78.131,573 euros).

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de pro

posicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 260.000 ptas. (1.562,63 euros).

Fianza definitiva: 520.000 ptas. (3.125,26 euros).

Modelo de proposición: o que figura no anexo I do prego de cláusulas administrativas.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 24 de novembro de 1999.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sitas no semisoto do edificio central de San Caetano, ás dez horas do día 26 de novembro de 1999.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que deberá de aboalo con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Publica