Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.778

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1999 pola que se convoca concurso público para a contratación dun arrendamento dunha fotocopiadora con destino á Escola Galega de Administración Pública.

1. Entidade adxudicadora: Escola Galega de Administración Pública.

2. Obxecto.

a) Contratación dun arrendamento dunha fotocopiadora.

b) Prazo de execución do contrato: 60 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base licitación: 21.924.000 ptas., IVE incluído.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

6. Obtención da documentación: o prego de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas pode consultarse no Servicio Económico-Administrativo da Escola Galega de Administración Pública, sita no polígono das Fontiñas, rúa de Madrid 2-4, en Santiago de Compostela durante o prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación de ofertas: presentaranse no rexistro da EGAP no prazo de 13 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, en horario das 9 ás 14 horas, ou na forma prevista no artigo 100 de Regulamento xeral de contratación do Estado.

8. Apertura das ofertas: o noveno día seguinte ó do remate de presentación das proposicións, ás 12 horas nas dependencias da EGAP; no caso de cadrar en sabado ou día inhábil, a apertura terá lugar ó día hábil seguinte.

9. Os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1999.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública