Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.778

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de outubro de 1999 pola que se nomea funcionario en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario, disciplina francés, a Manuel Ángel García Fernández, opositor que superou os procedementos selectivos convocados por Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril).

Por Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O punto 1 da base común 12 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

No seu momento foille aprazada a realización da fase de prácticas a Manuel Ángel García Fernández. Finalizadas as causas que motivaron os aprazamentos, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas dos corpos de profesores de ensino secundario, disciplina francés, a Manuel García Fernández.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos económicos e administrativos do 22 de setembro de 1999.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria