Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.777

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 21 de outubro de 1999 pola que se exclúe do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, o monte Carballal da Raboa pertencente á parroquia de San Pedro de Neiro do concello da Fonsagrada (Lugo).

De conformidade co establecido no artigo 43 do Regulamento de montes, do 22 de febreiro de 1962,

e o Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, polo que se transfiren á Comunidade Autónoma de Galicia competencias en materia de conservación da natureza, esta consellería, logo de proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Artigo único.-Dar de baixa do Catálogo de Montes de Utilidade Pública da provincia de Lugo, por non reunir xa as condicións que foron determinantes para a súa inclusión, por petición do Concello da Fonsagrada, o monte Carballal da Raboa pertencente á parroquia de San Pedro de Neiro, que figuraba co número 22 nel.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e contra ela poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo perante o conselleiro de Medio

Ambiente no prazo dun mes ou ben interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, ou exercitar calquera outro que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Carlos de Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente