Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas para a cobertura, con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas.

Rematado o prazo fixado pola Resolución do 23 de agosto de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 177, do 13 de setembro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril; elaboradas as citadas listas pola comisión permanente de selección para postos reservados a funcionarios e relativos ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas.

Efectuada proposta pola citada comisión en sesión do 20 de outubro de 1999, unha vez elevada esta e de conformidade co establecido na base 6.2 da citada resolución, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros de minas.

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 4 horas os sábados.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de 10 días para a corrección de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que se dirixirán á comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a funcionarios (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Cuarto.-De conformidade co establecido na base 3.3 da Resolución do 23 de agosto de 1999 (DOG nº 177, do 13 de setembro), como requisito indispensable para ser admitido nas listas deberase prodeder ó aboamento, no mesmo prazo do 10 días, das seguintes taxas por dereitos de inscrición:

-Corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiro de minas: 10.030 pesetas.

O aboamento das taxas efectuarase segundo o modelo III da Resolución do 23 de agosto de 1999 (DOG nº 117, do 13 de setembro), nas entidades bancarias que se sinalan, debendo remiti-los interesados o dito anexo, no que figure o selo da entidade onde se realiza o ingreso, ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Non aboa-las taxas no prazo fixado suporá a exclusión automática da/s lista/s.

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas e comprobacións procedentes, do que se dará oportuna publicidade.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública