Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Venres, 29 de outubro de 1999 Páx. 12.768

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECIÓN de erros.-Resolución do 17 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación, correspondentes ó Programa de Apoio á Innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocado nos anexos I e II da Orde do 22 de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 7 de maio).

Advertidos erros na Resolución do 17 de setembro de 1999, pola que se resolve o concurso público para a concesión de axudas para a realización de proxectos de investigación, correspondentes ó Programa de Apoio á Innovación do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico, convocado nos anexos I e II da Orde do 22 de abril de 1999 (DOG do 7 de maio) é necesario face-las seguintes correccións:

Na táboa recollida no anexo I da devandita resolución, para o investigador Vaamonde Liste, Antonio, no importe da 1ª anualidade onde di: «9.300.000», debe dicir: «5.300.000», e no importe total, onde di: «14.000.000», debe dicir: «10.000.000».

Na táboa recollida no anexo II da dita resolución, nas liñas dezaseis e dezasete do epígrafe correspondente ós nomes das empresas beneficiarias das axudas, onde di: «Stolt Sea Farm», deber dicir: «Andrés Avelino Sánchez-Biezma Serrano».