Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ORTIGUEIRA

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación de subministración.

Obxecto: adquisición da seguinte subministración: unha máquina escavadora-cargadora, equipada con culler escavadora de 600 mm, culler frontal de 2.250 mm con dente, martelo, rozadora de coitela de 1.200 mm de largo, xogo de martelos para rozadora, instalación hidráulica para martelo e rozadora e coas características técnicas que constan no anexo ó prego de condicións.

Orzamento: 18.000.000 de pesetas.

Información: Secretaría Municipal-Negociado de Contratación.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral, Negociado de Contratación, ata as 14 horas do día dentro do prazo de trece días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Ortigueira, 20 de outubro de 1999.

Antonio Campo Fernández

Alcalde