Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.759

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión do día vinteoito de setembro de mil novecentos noventa e nove, acordou:

1. Aprobar con carácter inicial unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana vixente, elaborada polo arquitecto municipal, que ten por obxecto o cambio de cualificación duns terreos situados na Choeira, parroquia de Almeiras, que no plan se destinan en parte a uso deportivo e en parte solo urbano residencial, pasando a sistema xeral de infraestructuras e servicios, vinculados á construcción dun depósito regulador para abastecemento de auga ós municipios da Coruña, Culleredo e Arteixo.

2. Somete-lo documento incialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente no Servicio de Urbanismo das oficinas municipais e formula-las alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 7 de outubro de 1999.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde