Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 28 de outubro de 1999 Páx. 12.760

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía do 29-9-1999 procedeuse á aprobación inicial do estudio de detalle para reforma e ampliación de vivenda sita na Rúa do Porto, número 45, de Corrubedo, neste concello de Ribeira, presentado en nome de María Loreto Franco Mazacada, en cumprimento da disposición transitoria terceira, 3, da Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, e da disposición transitoria novena, 1, do Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, polo que se aproba o Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da Lei de costas.

O que se somete a información pública polo período dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 7 de outubro de 1999.

O alcalde

Rubricado