Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.692

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T. Merza, no concello de Vila de Cruces, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 94/1996 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxeco da liña de referencia (da que con data do 22-6-1998 foi decretada a urxente ocupación segundo o Decreto 162/1998, publicado no DOG nº 109, do 9 de xuño) que o día 10 de novembro de 1999, a partir das 11 horas, se pro

cederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio de Vila de Cruces, sinalados cos números:

Predios: 2-20.

Hora: 11.

Día: 10-11-1999.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da dita lei.

Vigo, 5 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente A.T.: 96/094Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T. MerzaTermo municipal: Vila de Cruces

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2VeigaPradoHros. Manuel Gómez Fernández. Rpta. Rosario Alcabre GómezCortizada-Sabrexo, s/n

36580 Vila de Cruces

11990

4VeigaPradoConcepción Pena OteroA Moa-Merza, s/n

36580 Vila de Cruces

25250

8VeigaPradoMaría Fuerte Vázquez. Rpta. Roberto Fuerte VázquezA Moa-Merza, s/n

36580 Vila de Cruces

2117170

12VeigaLabradíoHros. Manuel Gómez Fernández. Rpta. Rosario Alcabre GómezCortizada-Sabrexo, s/n

36580 Vila de Cruces

3151520

13Eira de BartoloPradoJosé Fernández Blanco Reboredo-Merza, s/n

36580 Vila de Cruces

3121105

18LameiraPradoAurelia Carballude Romeu. Rpta. José Romeu VázquezSulago-Merza, s/n

36580 Vila de Cruces

660

20LameiraPradoConcepción Pena OteroA Moa-Merza, s/n

36580 Vila de Cruces

369