Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.691

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 1999, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto denominado L.M.T.-C.T. Mourelos-As Touzosas, no concello da Cañiza, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente 26/1993 A.T.).

Segundo o disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa e no artigo 31.6º do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, fáiselles saber a tódolos interesados afectados pola execución do proxeco da liña de referencia (da que con data do 6-11-1998 foi decretada a urxente ocupación segundo o Decreto 314/1998, publicado no DOG nº 226, do 20 de novembro) que o día 11 de novembro de 1999, a partir das 11 horas, se procederá sobre o terreo ó levantamento das actas previas á ocupación correspondentes ós predios situados no municipio da Cañiza, sinalados cos números:

Predios: 5-10.

Hora: 11.

Día: 11-11-1999.

Así mesmo, os interesados serán notificados mediante cédula individual que se lles practicará coa debida anticipación legal, da data e hora na que para cada un deles terá lugar a dita dilixencia.

Ós ditos actos poderán ir acompañados polo seu perito ou dun notario pola súa conta, se así o consideran conveniente, conforme o artigo 52.3º da dita lei.

Vigo, 5 de outubro de 1999.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente A.T.: 93/26Provincia: Pontevedra

L.M.T.-C.T. Mourelos-As TouzosasTermo municipal: A Cañiza

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

5MontiñoMonte baixoAntonio Mosquera EstévezAs Touzosas-Valeixe, s/n

36883 A Cañiza

19190

6SurregoPradoServando Alonso GonzálezAvda. Florida, 7-1

36210 Vigo

27270

8As TouzosasViñedoH. Vicente Acevedo RodríguezAs Touzosas-Valeixe s/n

36883 A Cañiza

1680

10As TouzosasMonte baixoRita Alonso GonzálezCamiño Gándara, 2-2

36210 A Cañiza

CTTT2112