Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.680

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ACUERDO do 19 de outubro de 1999, da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o 252/1992, do 30 de xullo, polo que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal dos citados postos correspondentes ó persoal laboral da categoría 5 do grupo IV.

Rematado o prazo fixado pola resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 7 de xullo), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo, reguladas polo Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se modifica o 252/1992, do 30 de xullo, e a resolución anteriormente citada, e á vista das solicitudes presentadas para a categoría 5 do grupo IV (lista B), a Comisión Permanente de

Selección, de conformidade co baremo establecido no artigo 12 do dito decreto,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as relacións dos solicitantes para a cobertura, con carácter temporal, de postos de traballo reservados a persoal laboral correspondente á categoría 5 do grupo IV (lista B), da forma que seguidamente se indica:

Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.

Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:

-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación no Diario Oficial de Galicia, para emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que irán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.

Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listaxes provisionais, e remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento da taxa que a continuación se expresa:

-Grupo IV: 6.265 ptas.

Os que así non o fixeran no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento das taxas por dereito de inscrición na categoría correspondente, os que foran admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base 3ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 e corrección de erros do 13 de outubro de 1999.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1999.

Ramón del Valle López

Presidente da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral