Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.681

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 18 de outubro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciado pola Orde do 8 de setembro de 1999.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, por Orde do 8 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 20), no uso das facultades e atribucións conferidas no artigo 15.4º da Lei 4/1998, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia, anunciado pola Orde do 8 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 182, do 20).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ó funcionario que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes, se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando remate o permiso ou licencia que, se for caso, fora concedida ó interesado. No suposto de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no apartado anterior, as correspondentes dilixencias de cese e toma de posesión, das que se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Quinto.-Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición, ante este

mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición na que teña o seu domicilio o demandante ou ben no da Coruña, á súa escolla, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

NRP/DNI: 3242949724 A2062.

Grupo: A.

Apelidos e nome: López Blanco, Antonio.

Código: OT.B01.00.001.15770.001.

Denominación do posto de traballo: xefe do Departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Centro directivo: Augas de Galicia, Dpto. Xestión do Dominio Público Hidráulico.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: Admón. especial.

Nivel: 30.

Específico: 2.316.936.