Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.679

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1999, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión mixta do convenio colectivo para as industrias siderometalúrxicas da provincia da Coruña para a aclaración do contido de determinados artigos do convenio colectivo.

Visto o texto da acta da reunión da comisión mixta do convenio colectivo para as industrias siderometalúrxicas da provincia da Coruña, subscrita en representación da parte económica pola Asociación de Talleres de Reparación de Automóviles e por ASINEC, e da parte social por UGT e CC.OO. o día 21 de setembro de 1999, para a aclaración do contido de determinados artigos do convenio colectivo publicado no DOG nº 229 do 25-11-1998, de conformidade co disposto no artito 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autó

noma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de setembro de 1999.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión mixta

Na Coruña, ás 17 horas do día 21 de setembro de 1999, reúnese na sala de xuntas da Asociación de Talleres de Reparación de Vehículos da Coruña, sita no polígono de Elviña, 2ª fase, edificio San Carlos, comercial 1º, a comisión mixta do convenio colectivo para a industria siderometalúrxica da pro

vicia da Coruña, coa asistencia dos seguintes señores: pola parte empresarial, Juan Carlos García Varela, por talleres, e Manuel Miñones Trillo, por instaladores eléctricos. Pola parte social, Eusebio Oreona Martínez, por UGT, e Nicolás Pato Pérez por CC.OO. Realiza as funcións de secretario Juan Salle Barreiro Pérez.

A reunión ten lugar por petición da parte social para aclara-la suposta contradicción entre o artigo 1, parágrafos 5º e 6º, e a disposición derradeira 2ª, parágrafo 2º.

Trala lectura e análise de ámbalas dúas redaccións, tómanse por unanimidade os seguintes acordos:

1. A través dunha interpretación literal, finalista e sistemática, non existe contradicción ningunha, xa que ámbalas dúas disposicións normativas se refiren a supostos diferentes:

a) A primeira delas refírese á condición de mínimo necesario do convenio colectivo provincial, e que en tal condición afecta a todos e cada un dos convenios existentes na provincia.

b) A 2ª refírese a todas aquelas empresas que, cun convenio propio e cumprindo as condicións establecidas no anterior artigo, deciden a aplicación do convenio provincial.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión ás 18 horas.