Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.666

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado 670/99-V, interposto por José Luis Castro Núñez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número un da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente ó recurso contencioso-administrativo, procedemento abreviado nº 670/99-V, interposto por José Luis Castro Núñez contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de decembro de 1998, pola que se convoca o concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración xeral da Xunta de Galicia (DOG nº 250, do 29 de decembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública