Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.666

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

ORDE do 20 de outubro de 1999 pola que se nomean os vocais compoñentes do Consello Galego de Medio Ambiente.

O Decreto 155/1995, do 3 de xuño, establece a regulación do Consello Galego de Medio Ambiente, determinando que serán nomeados como vocais os representantes das organizacións, institucións e departamentos autonómicos relacionados no seu artigo 3, todos eles con especial vinculación coa protección do ambiente.

No seu artigo 12 sinálase que o réxime xurídico de funcionamento será o preceptuado no capítulo II do título II da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aplicándose no demais o disposto no Regulamento interno do consello.

Pola Orde do 3 de xuño de 1998 e a Orde do 23 de decembro de 1998, nomeáronse os distintos vocais do Consello Galego de Medio Ambiente en aplicación dos artigos 3 e 4 do Decreto 155/1995.

Tendo en conta que na Lei 30/1992, do 26 de novembro, se dispón que organizacións representativas de intereses sociais poderán substituí-los seu membros titulares de acordo coas normas de organización do órgano colexiado, e á vista do establecido no artigo 10.2º do Regulamento de organización e funcionamento do Consello Galego de Medio Ambiente, aprobado no Pleno do Consello o 12 de abril de 1996, procede acorda-la substitución do vocal solicitada pola Sociedade Protectora de Animais e Plantas e nomea-lo novo representante proposto por ela.

Por todo isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 155/1995, do 3 de xuño, polo que se regula o Consello Galego de Medio Ambiente, e tendo en conta que o citado órgano consultivo foi adscrito á Consellería de Medio Ambiente en virtude do Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Que cese como vocal do Consello Galego de Medio Ambiente en representación da Sociedade Protectora de Animais e Plantas, agradecéndolle os servicios prestados, Victoria Patricia Rozados Fernández como titular.

Artigo 2º

Designar como vocal do Consello Galego de Medio Ambiente, por proposta da Sociedade Protectora de Animais e Plantas, en substitución do que causa

baixa pola presente orde, a persoa que a continuación se relaciona:

María Luisa López Lence como titular.

Artigo 3º

Manter como vocal suplente do Consello Galego de Medio Ambiente, en representación da Sociedade Protectora de Animais e Plantas á persoa que a continuación se relaciona:

Gloria Núñez González como suplente.

Santiago de Compostela, 20 de outubro de 1999.

Carlos del Álamo Jiménez

Conselleiro de Medio Ambiente