Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Mércores, 27 de outubro de 1999 Páx. 12.667

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1999, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado 1/1999, interposto pola Federación Rexional de Servicios Públicos da Comunidade Autónoma de Galicia (UGT).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado Contencioso-Administrativo número dous da Coruña providencia pola que se admite a trámite a demanda correspondente o recurso contencioso-administrativo de procedemento abreviado nº 1/1999, interposto pola Federación Rexional de Servicios Públicos da Comunidade Autónoma de Galicia (UGT), contra a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 7 de abril de 1999, pola que se convocan para a elección de destinos os aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso nas diversas categorías do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG nº 71, do 15 de abril).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo, a remisión do correspondente expediente administrativo ó referido xulgado, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número dous da Coruña no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1999.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública