Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ENTRIMO

EDICTO.

Por acordo da Comisión de Goberno do Concello de Entrimo, do 1 de outubro de 1999, anúnciase concurso, con procedemento aberto, tramitación urxente, para a contratación das obras de camiño de acceso a Bouzadrago desde Pereira, correspondentes ó Fondo de Cooperación Local para 1999, PIEL.

Así mesmo, na dita sesión aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá a contratación, o que se expón ó público por espacio de catro días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP, para efectos de presentación de reclamacións. A licitación aprazarase no caso de se formularen reclamacións contra o prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Comisión de Goberno do Concello de Entrimo.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: camiño de acceso a Bouzadrago desde Pereira, de acordo co proxecto técnico redactado polo enxeñeiro técnico de obras públicas, Jesús Iglesias Iglesias.

b) Lugar de execución: Entrimo.

c) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedimiento y forma de adjudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base da licitación: doce millóns cincocentas noventa e catro mil setenta e nove (12.594.079) pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: 251.882 pesetas.

b) Definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Entrimo.

b) Domicilio: praza do Concello, 1.

c) Localidade: Entrimo. C.P. 32644.

d) Teléfono: 988 43 46 66.

e) Fax: 988 43 46 10.

f) Data límite de obtención de información e documentación: o décimo terceiro día natural contado a partir da publicación deste edicto no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de proposicións.

a) Data límite: o décimo terceiro díal natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste edicto no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe a contratación. Deberá ser utilizado como modelo de proposición o que figura no dito prego.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Entrimo, de 9 a 14 horas.

d) Vinculación da oferta: ata a sinatura do contrato.

9. Apertura de proposicións: no salón de plenos da Casa do Concello de Entrimo, ás 16 horas do seguinte día hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións (agás sábados).

10. Gastos de anuncios: serán sempre por conta do adxudicatario.

Entrimo, 4 de outubro de 1999.

Juan Alonso Alonso

Alcalde-presidente