Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Martes, 26 de outubro de 1999 Páx. 12.658

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-355).

Por resolución desta Alcaldía nº 5706/1999 do 15 de outubro de 1999, acordouse aprobar inicialmente o Plan Parcial Relativo ó Sector S.U.N.P. B-25-R As Torres, na Cova (Oleiros), tramitado por Parque Santa Cruz, S.L.

Acordouse así mesmo, proceder á exposición pública do expediente nas oficinas municipais de urbanismo, de 9 a 13 horas, tódolos días laborais, polo prazo dun mes, a través de anuncios no DOG e prensa, que computará desde a derradeira publicación, prazo no que se poderán presenta-las alegacións que se estimen oportunas.

Oleiros, 18 de outubro de 1999.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta