Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (expediente 12/1999).

A Alcaldía Presidencia con data do 4 de outubro de 1999, dictou a seguinte resolución:

1. Incoar expediente para a aprobación de bases e estatutos da xunta de compensación que se vai constituír para a execución do Polígono 4 do Plan Especial de Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería da Coruña.

2. Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Manuel Dopazo Carreira en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

3. Ordena-la citación persoal no expediente a quen apareza como interesado na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando á comisión xestora, e no seu nome a Manuel Dopazo Carreira como presidente dela, para súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103 de 30 de abril), advertindo ós interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na Avda. da Mariña nº 18, entre as 12 e as 14 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde o poderá consultar e presentar cantas alegacións teña por conveniente na defensa dos seus dereitos, incluída a petición de incorporación á comisión xestora; neste caso deberá achegar exacta identificación do predio ou predios da súa propiedade así como copia dos títulos xustificativos do seu dominio.

A Coruña, 4 de outubro de 1999.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda

BASES DE ACTUACIÓN DA XUNTA DE COMPENSACIÓN

Pol. 4.-As Capuchinas

Base 1ª.-Ámbito de actuación e obxecto.

A) As presentes bases de actuación, regularán, conxuntamente cos estatutos, as actuacións da xunta de compensación Pol. 4.-As Capuchinas, constituíndo o seu ámbito de actuación, os predios comprendidos no POL.4-As Capuchinas (Papagaio-Tabares) incluídas no AP H4.01 PEPRI do concello da Coruña.

B) O seu obxecto fundamental é determina-los criterios para a definición de dereitos dos membros da xunta de compensación e das adxudicacións das parcelas resultantes, establecendo as normas para unha xusta distribución de beneficios e cargas e para a execución de obras de urbanización e edificación.

C) No desenvolvemento destas bases, e no prazo que fixe o órgano urbanístico de control ó aproba-la constitución da xunta de compensación, redactarase e presentarase o proxecto de compensación que servirá para a distribución xusta dos beneficios e cargas, e de título para a adxudicación dos predios ou ben das partes en edificación adxudicadas a cada propietario da xunta. O dito proxecto suxeitarase ó establecido nestas bases, nos estatutos e acordos da xunta, no Plan Especial da Cidade Vella e Pescadería,

e na Lei do solo de Galicia (Lei 1/1997), no resto das normas vixentes concordantes e o Servicio de Xestión Urbanística competente.

D) Os predios comprendidos no ámbito de actuación, a súa superficie catastral, topográfica e a titularidade, así como os enderezos coñecidos dos titulares que se indican para efectos da notificación individualizada prevista no artigo 161.3º do Regulamento de xestión urbanística, son os que se enumeran e designan no documento que, como anexo I se xuntan nestas bases.

E) A aprobación das bases por parte do concello e a incorporación dos propietarios dos predios á xunta de compensación, supoñen que os membros da xunta, aceptan como normas de obrigada observancia tódalas contidas nas bases de actuación nos termos nos que foron aprobadas.

Base 2ª.-Criterios de valoración dos predios achegados. Definición de dereitos.

A) O dereito dos propietarios afectados será proporcional á superficie dos seus respectivos predios.

B) Nos supostos das discrepancias da propiedade dun predio, haberá que aterse ó disposto no artigo 103.4º do Regulamento de xestión, sendo a Administración actuante a que asumirá a representación dos dereitos e intereses das titularidades en litixio para os efectos da tramitación do expediente.

C) Segundo o artigo 131 da Lei do solo de Galicia, cando a superficie dos bens de dominio e uso público existentes con anterioridade fosen iguais ou inferiores ás que resulten como consecuencia da execución do plan, entenderanse substituídas unhas por outras. Se tales superficies fosen superiores ás resultantes da execución do plan, a Administración percibirá o aproveitamento na proporción que corresponda ó exceso en terreos edificables.

D) Establécese como criterio de valoración o valor do contorno definido como base na Lei 6/1998 e criterios afíns en canto ós polígonos fiscais próximos, presentando para a dita valoración os criterios de valoración de prezos de mercado, ós que habería que desconta-los prezos de urbanización como gastos de xestión xa especificados nos estatutos, como documento anexo.

Base 3ª.-Criterios de valoración dos dereitos reais sobre os predios, servidumes prediais e dereitos persoais que puideran estar constituídos en razón delas.

1) Valoración dos dereitos reais, servidumes prediais e dereitos persoais.

A) A valoración dos dereitos reais sobre os predios, servidumes prediais e dereitos persoais que puideran estar constituídos en razón daquelas, efectuarase de conformidade co disposto na Lei do solo de Galicia e concordantes co Regulamento de xestión urbanística. Os arrendamentos e demais dereitos persoais ou reais posteriores á presentación da comisión xestora e o inicio dos trámites dela, carecerán do dereito a indemnización pola xunta.

B) Cando tales dereitos resultasen incompatibles coa execución do planeamento, a súa extinción pro

ducirase en virtude do acordo aprobatorio do proxecto de compensación.

Neste suposto, a súa taxación efectuarase no propio proxecto de compensación, satisfacéndose o seu importe ós titulares interesados segundo proceda, con cargo ó proxecto, en concepto de gastos de urbanización, ou con cargo ó propietario a quen afecte.

II) Valoración de edificacións, plantacións e instalacións que deban demolerse.

A) As edificacións, obras e instalacións e outros elementos existentes nos predios achegados que deban derrubarse por seren incompatibles coas determinacións do plan, non se considerarán como valores ou dereitos achegados, senón que serán obxecto de indemnización en metálico.

B) Entenderase que non poden conservarse os elementos mencionados na letra anterior, cando sexa necesaria a súa destrucción para realiza-las obras de urbanización e edificación ou ben a súa conservación sexa incompatible co planeamento. O necesario derrubamento de edificios e a execución da urbanización implican a extinción dos arrendamentos urbanos existentes e rústicos se existiren, sobre os predios. Así mesmo, a execución da urbanización supón a supresión das servidumes prediais incompatibles co planeamento.

C) A valoración efectuarase segundo os criterios da Lei de expropiación forzosa no proxecto de compensación.

1. Nos predios que lles expropie o concello ós afectados que non se incorporen á xunta de compensación no prazo sinalado para o efecto, será beneficiaria a xunta de compensación, igual que nas restantes expropiacións individuais por incumprimento de obrigas por parte dos membros da xunta. Unhas e outras rexeranse pola Lei de expropiación forzosa.

2. As adquisicións de terreos pola xunta de compensación, en virtude de expropiación forzosa estarán exentas con carácter permanente do imposto xeral sobre transmisións patrimoniais e do de actos xurídicos documentais e non terán a consideración de transmisións de dominio para os efectos da exacción do arbitrio sobre o incremento do valor dos terreos de conformidade co disposto no artigo 171 do Regulamento de xestión urbanística.

D) As edificacións e instalacións taxaranse tendo en conta a valoración dos materiais empregados, do estado no que se encontran estas no momento actual, e procederase á súa deducción das porcentaxes establecidas polo estado de vida do inmoble e polo estado de conservación da obra ou construcción.

E) No suposto previsto no devandito punto, engadirase o 5% de afección segundo o establecido na Lei de expropiación forzosa.

F) As indemnizacións resultantes serán obxecto de compensación no proxecto de compensación, coas cantidades das que resulte debedor o membro da xunta por diferencias de adxudicación ou por gastos de urbanización, edificación e dos proxectos.

G) Os propietarios que resulten acredores de cantidades en concepto de indemnización por demolición das edificacións, obras e instalacións, poderán percibi-las ditas cantidades en diñeiro ou o seu equivalente en terreos ou noutro tipo de equivalencias logo de acordo da asemblea xeral. Non obstante, o propietario acredor, poderá acordar coa xunta que o importe da indemnización que se vai percibir polos conceptos indicados nas letras d) e e) anteriores desta base, sexa substituído polas cotas ordinarias ou extraordinarias que hai que satisfacer para a administración e custos de urbanización e edificación, ata o total da indemnización.

H) O resto dos propietarios desta xunta de compensación que a promovan ou que permanezan nela terán dereito preferente de tanteo e de retracto sobre as propiedades do resto dos propietarios afectados do polígono que non desexen intervir nesta xunta ou desexen saír dela unha vez constituída.

Base 4ª.-Criterios para valora-las achegas de empresas urbanizadoras.

O artigo 8 dos estatutos da xunta de compensación, en concordancia co artigo 134.2º da Lei do solo, prevé a posibilidade da incorporación de empresas urbanizadoras e constructoras á xunta para participar na xestión do polígono, por acordo da asemblea xeral.

En tales supostos, a cota de participación das empresas urbanizadoras establecerase de acordo coa súa achega económica, segundo a valoración derivada do proxecto de urbanización e a proporcionalidade desta achega co valor total do solo do polígono estimado no momento da incorporación de mutuo acordo entre as partes interesadas ou, no seu defecto, de acordo co disposto na normativa de valoración vixente no momento da súa incorporación.

A cota de participación que corresponda ás empresas urbanizadoras diminuirá proporcionalmente á dos restantes membros da xunta.

Non obstante, calquera membro da xunta poderá eximirse de contribuír con terreo ou con cota de participación ás empresas urbanizadoras en pagamento da súa actividade cando así o fagan constar dentro do prazo de quince días naturais seguintes á comunicación do acordo ou convenio entre a xunta e a empresa; neste caso deberán satisface-los custos de urbanización que lles correspondan proporcionalmente en efectivo metálico.

Base 5ª.-Execución das obras de urbanización.

I. Procedemento para contrata-las obras de urbanización e, se é o caso, de edificación.

A) A execución das obras de urbanización e edificación poderá realizarse en todo ou en parte por empresas urbanizadoras incorporadas á xunta cos requisitos que se establecen nestas bases, sendo sometidas a concurso.

B) En calquera dos casos, no contrato de execución farase constar necesariamente, ademais das cláusulas que constitúen o seu contido típico, as determinacións establecidas no artigo 176.3º do Regu

lamento de xestión ou análogos concordantes do Regulamento de valoración do ano 1998.

II. Financiamento das obras de urbanización e edificación.

Ademais das cotas que deberán aboa-los membros da xunta, créditos e outras fontes de financiamento previstas nos estatutos, a xunta poderá dispoñer mediante o seu alleamento dos terreos que reservara con este fin no proxecto de compensación.

III. Cesión das obras de urbanización.

A) Desde a constitución da xunta de compensación, e realizado xa desde a comisión xestora, invitarase á Administración actuante a incorporarse á xunta para evitar desta forma dilacións entre a recepción da xunta e da Administración.

B) A cesión á Administración do total das obras e instalacións que ten que recibir, poderá referirse a unha parte do polígono en cuestión, aínda que non se completara a urbanización nese ámbito territorial, sempre que a área xa urbanizada constitúa unha unidade funcional directamente utilizable e se producise respecto dela a recepción definitiva por parte da xunta de compensación.

C) As cesións indicadas serán formalizadas en acta que subscribirán a Administración actuante e a xunta de compensación, en atención ó disposto no artigo 45 dos estatutos da xunta de compensación.

D) É deber da xunta de compensación potencia-los trámites para que á recepción por parte da Administración, ou inmediatamente despois, se produza o traslado da conservación das obras desta á entidade de conservación segundo o disposto no artigo 45 do proxecto de compensación.

E) Para o caso de que a dita recepción se produza anterior ou simultaneamente á finalización das obras por parte da xunta de compensación, quedando as obras de ornamentación e acabados para ser sufragadas polo Concello da Coruña no caso de resultar excesivas as cargas, equiparándose con outras actuacións semellantes.

Base 6ª.-Criterio de valoración das parcelas resultantes.

Valoración e taxación.

Segundo o disposto na base 2ª letra D).

Base 7ª.-Normas para a adxudicación de parcelas ós membros da xunta.

1. Adxudicación ó concello.

En primeiro lugar, procederase á cesión do uso en superficie e infraestructuras para sistemas locais a prol do concello, tendo en conta as previsións contidas no estudio de detalle, coas condicións estipuladas na base 5ª punto 3.

2. Adxudicacións ós demais membros da xunta.

As adxudicacións das parcelas correspondentes ós membros da xunta, realizaranse con estricta suxeición ás prescricións contidas no artigo 101 da Lei 1/1997, do solo de Galicia concordantes do

Regulamento de xestión urbanística, correspondendo ós promotores da xunta por maioría a repartición en atención ó que se disporá na asemblea xeral.

Procurarase proceder á adxudicación de parcelas individuais para edificar ó maior número de propietarios; en caso contrario, cando por ser inferior o número de soares resultantes ó de titulares de predios achegados ou, pola escasa contía dos dereitos dalgúns dos membros da xunta, non permita a atribución de predio independente, adxudicarase en pro indiviso expresándose no título a cota correspondente a cada propietario, salvo que proceda a indemnización en metálico.

3. Localización das adxudicacións.

Sempre que as características e esixencias da ordenación o permitan, procurarase que as parcelas ou predios adxudicados estean situados nas antigas propiedades dos mesmos titulares ou no lugar máis próximo a elas.

4. Momento e criterios de adxudicación.

a) A aprobación definitiva do proxecto de compensación feita polo órgano administrativo actuante e a expedición do documento coas solemnidades e requisitos das actas dos seus acordos, ou o outorgamento por el mesmo de escritura pública co contido sinalado no artigo 113 do Regulamento de xestión, determinarán a inscrición no Rexistro da Propiedade e a subrogación con plena eficacia real das antigas polas novas parcelas.

b) Na formulación do proxecto de compensación teranse en conta como criterios de preferencia para a adxudicación:

1) Que a súa participación permita a adxudicación de parcela independente.

c) Ó estaren obrigados os membros da xunta a asumiren ó pagamento dos custos de urbanización de todo o terreo ordenado polo planeamento, a adxudicación de predio urbanizado non modifica en absoluto a devandita obriga, polo que subsiste sempre a afección real ata a súa cancelación.

5. Compensación en metálico polas diferencias de adxudicación.

Cando maila a aplicación das anteriores regras, haxa de procederse á compensación en metálico por diferencias en máis ou en menos, as cantidades correspondentes determinaranse en función do valor legal do solo e deberán quedar determinadas e xustificadas no proxecto de compensación.

Ó mesmo tempo, naquelas parcelas de propietarios cedentes que, unha vez aplicados os baremos de edificación e urbanización, non resulten con superficie aproveitable suficiente, a adxudicación poderá substituírse por unha indemnización en metálico (base 11ª).

Base 8ª.-Expropiación ou ocupación de terreos.

A) Sen prexuízo da expropiación (artigo 134.1º da Lei do solo de Galicia) dos predios pertencentes a propietarios non incorporados en tempo e forma

hábiles á xunta de compensación, procederá tamén a expropiación ou ocupación dos membros da xunta, nos supostos de incumprimento de obrigas que a continuación se indican:

* O non pagamento de cotas á xunta, transcorrido o prazo de pagamento voluntario, sendo necesario o requirimento previo.

* O incumprimento reiterado dalgunha ou algunhas das obrigas que sinala o artigo 34 dos estatutos, obtida a aprobación correspondente da asemblea xeral.

En xeral, o incumprimento de cantas obrigas resulten da lexislación urbanística vixente.

B) Nestes supostos, a Administración actuante estará facultada para expropia-los terreos, predios, ou os dereitos dos membros a prol da xunta de compensación, que terá a condición xurídica de beneficiaria.

C) O procedemento expropiatorio, axustarase á lexislación vixente.

Base 9ª.-Forma e prazos para realiza-las achegas polos membros da xunta.

1. Tódolos membros da xunta de compensación están obrigados a paga-las cotas ordinarias e extraordinarias, na forma e prazo previstos nos estatutos.

2. O pagamento farase normalmente en metálico pero, por acordo entre o obrigado e o consello rector, poderá substituírse pola entrega dunha parte dos terreos en achega á xunta, valorados segundo o devandito consello rector. De non prosperar este acordo, o obrigado satisfará o importe da cota en metálico conforme a regra xeral establecida nesta base.

3. As cotas ordinarias, as extraordinarias, así como as derramas que procedan conforme os estatutos, serán satisfeitas no prazo máximo dun mes desde o requirimento que practique para o efecto o presidente do consello rector.

Base 10ª.-Distribución de beneficios e perdas.

A distribución de beneficios e cargas resultantes da actuación urbanística do polígono, efectuarase entre os membros da xunta, atendendo as cotas de participación que cada un teña na entidade.

Base 11ª.-Compensación en metálico.

A) Cando a contía dos dereitos dos propietarios non acade a parcela mínima fixada no estudio de detalle, a adxudicación poderá substituírse por unha indemnización en metálico que será fixada polo consello rector, en relación coa base 7ª punto 4.

Tamén procederá a compensación económica en canto ós excesos, cando, por esixencias da parcelación, o dereito de determinados propietarios non quede esgotado coa adxudicación independente que ó seu favor se faga, sempre que os devanditos excesos non acaden a dita porcentaxe.

B) Para o cálculo da suma compensatoria de diferencias atenderase á valoración en puntos ou unidades convencionais sempre valorables en diñeiro.

C) No proxecto de compensación, reflectiranse as concretas adxudicacións en metálico que se produzan, sen prexuízo das posteriores compensacións que puideran xurdir.

Base 12ª.-Momento da edificación dos terreos.

A) Autorízase a execución simultánea das obras de urbanización e edificación, requiríndose como paso previo a solicitude de licencia de apertura para as plantas baixo rasantes de garaxe aparcadoiro.

B) Solicitude ó concello por parte do consello rector, dun estudio de detalle do polígono en cuestión que ha de incorporar unha proposta de ordenación de volumes.

Solicitude por parte do consello rector da xunta de compensación, da substitución das escaleiras previstas no proxecto de polígono por ramplas, para dota-lo devandito polígono de maior habitabilidade e de elimina-las barreiras arquitectónicas, que se realicen ben dentro do estudio de detalle ou como proposta independente.

C) Presentarase á Administración actuante a redacción dunha ordenanza de carácter estético reguladora das edificacións do polígono.

D) A xunta de compensación solicitaralles por medio da asemblea xeral, ós seus membros que estes especifiquen as súas necesidades en canto á construcción de sotos destinados a prazas de garaxe-aparcadoiros no prazo máximo de quince días, sendo en caso contrario o propio consello rector o que determinará a distribución dos ditos garaxes-aparcadoiros.

Base 13ª.-Gastos de conservación ata a disolución da xunta.

A conservación inclúe a asunción polos beneficiarios que dela traian causa, dos gastos precisos para que as obras de cesión poidan servir ó fin que se destinan. Unha vez verificada a recepción definitiva polo concello de todas ou parte das obras de urbanización, a conservación, mantemento e reparación dos elementos comúns pertencentes ós sistemas locais adscritos ó uso público corresponderalle a este Concello da Coruña, logo de acordo determinado antes da recepción definitiva.

Base 14ª.-Actualización dos coeficientes.

Con posterioridade á constitución da xunta e á aprobación do proxecto de compensación, as cotas indicadas poden verse precisadas de actualización co obxecto de determina-la exacción ou aumento das achegas dos membros.

O consello rector, cando concorra algunha das circunstancias indicadas, procederá por aplicación de tales medios a calcula-las novas cotas resultantes actualizadas, que entrarán en vigor desde o mesmo momento da súa ratificación pola asemblea xeral.

Base 15ª.-Dereito de tanteo e de retracto.

Os propietarios que permanezan no polígono como membros desta xunta de compensación terán dereito preferente de tanteo e de retracto sobre o resto dos propietarios do dito polígono que pretendan ven

de-las súas propiedades, podendo mesmo a xunta, mediante acordo da asemblea xeral por maioría simple, subrogarse nese dereito preferente en relación co disposto na base 3ª letra H).

ESTATUTOS DA XUNTA DE COMPENSACIÓN

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Constitución, denominación e réxime legal.

1. Coa denominación de xunta de compensación Pol. 4.-As Capuchinas, constitúese unha entidade urbanística colaboradora de natureza administrativa, con personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento do seu obxecto e fins.

2. A xunta de compensación rexerase polos presentes estatutos, polas bases de actuación, no que non estea previsto polo establecido na lexislación urbanística vixente e polas demais normas legais, regulamentarias e mesmo ordenanzas que sexan de aplicación.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Constitúen o ámbito territorial de actuación da xunta de compensación os terreos comprendidos no Pol. 4.-As Capuchinas (Papagaio-Tabares) solo urbano consolidado da cidade da Coruña, Plan Especial de Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería (APE.H4.01).

Artigo 3º.-Enderezo.

1. Fíxase o enderezo da entidade na rúa Ángel Rebollo nº 14-16 entreplanta dereita, cidade da Coruña, C.P. 15002.

2. Este enderezo poderá ser trasladado a outro lugar dentro do mesmo concello, polo acordo da asemblea xeral, dándolle conta ó Concello da Coruña e ó Rexistro de Entidades Urbanísticas.

Artigo 4º.-Obxecto e fins.

A xunta terá por obxecto levar a cabo a xestión urbanística que comprende a distribución xusta dos beneficios e cargas, e a execución das obras de urbanización dos terreos incluídos no ámbito do polígono así como a edificación das parcelas resultantes.

Son fins da xunta tódolos precisos para o cumprimento do seu obxecto e entre eles, sen que supoñan limitación, os seguintes:

1. Redacta-lo proxecto de compensación, urbanización e edificación.

2. Executa-las obras de urbanización e edificación.

3. Solicitar do órgano actuante a expropiación forzosa ou ocupación directa, en beneficio da xunta, tanto respecto dos propietarios que non se incorporen a ela, como daqueles que incumpran as súas obrigas.

4. Solicitar do Concello da Coruña o exercicio da vía de constrinximento para o cobramento das cantidades endebedadas polos membros á xunta.

5. Ceder ó concello o uso dos terreos de cesión obrigatoria e instalacións que teñan a execución prevista no plan e proxecto de urbanización.

6. Satisface-los gastos orixinados e que se orixinen pola xestión desde que se inicie a promoción do estudio de detalle ata a súa completa realización, acordando as contías, calendario, e forma das provisións de fondos, derramas extraordinarias e demais achegas económicas precisas, conforme a cota de cada membro.

7. Convir e formalizar operacións de crédito para a urbanización do polígono coa garantía dos terreos incluídos no plan para o que, se se emitisen títulos, se cumprirá o disposto para a constitución de hipoteca en garantía de títulos transmisibles por endoso ou ó portador nos artigos 154 da Ley hipotecaria e concordantes.

8. Actuar con facultades fiduciarias sobre os predios dos propietarios membros da xunta, sen máis limitacións que as convidas nos presentes estatutos.

9. Adquirir, posuír, gravar e allea-los bens e dereitos necesarios para o cumprimento deses fins.

10. Asumi-la representación e defensa dos intereses comúns dos seus asociados perante calquera autoridade ou organismo do Estado, Comunidade Autónoma, do concello ou dos organismos autónomos de calquera clase, así como tribunais en tódolos seus graos e xurisdiccións, con respecto a tódolos actos, contratos, accións e recursos que resulten convenientes ou necesarios para a realización dos seus fins, incluída a interposición de querelas.

11. Aproba-lo proxecto de compensación mediante o cal se efectúa a distribución de beneficios e cargas, se adxudican os predios resultantes ós membros da xunta e se cede o uso dos terreos de cesión obrigatoria ó concello.

12. Edifica-los predios determinados no polígono de actuación da xunta de compensación.

13. E, en xeral, o exercicio de cantas actividades ou dereitos lle corresponda segundo estes estatutos, a lexislación urbanística vixente e demais disposicións aplicables.

Artigo 5º.-Órgano urbanístico baixo a tutela do cal actúa.

1. A xunta de compensación exercerá as súas funcións baixo a tutela e inspección do Concello da Coruña, que terá carácter de Administración actuante, recibindo desde este momento a cualificación de órgano urbanístico.

2. No exercicio da función de control e fiscalización, correspóndelle ó concello:

Tramitar e aproba-los estatutos e bases de actuación e a constitución da xunta.

Designa-lo seu representante na xunta de compensación.

Exerce-la facultade expropiatoria ou ocupación directa a beneficio da xunta nos casos previstos nos estatutos.

Utiliza-la vía de constrinximento para o cobramento das cantidades que deba calquera dos membros da xunta á entidade.

Resolve-los recursos contra os acordos dos órganos da xunta.

Vixia-la execución das obras e instalacións de acordo coas normas de ordenanza estética dictadas pola comisión encargada.

Protexe-la legalidade urbanística e exerce-las facultades de inspección e control urbanístico.

E, en xeral, as atribucións que resulten de aplica-lo ordenamento urbanístico.

Artigo 6º.-Duración.

A xunta de compensación dará comezo ás súas actividades, no momento da súa inscrición no Rexistro de Entidades Urbanísticas colaboradoras competentes, e terá a duración que precise para a total realización do seu obxecto.

Capítulo II

Dos compoñentes da xunta

Artigo 7º.-Membros da xunta.

1. A xunta de compensación quedará composta polas seguintes persoas ou entidades:

A) Os propietarios promotores:

As persoas físicas ou xurídicas ou entidades que por seren titulares de terreos comprendidos no polígono se constitúen en promotores da xunta de compensación e que representen un mínimo do 50% de cotas de participación da unidade compensable, mediante a presentación dos estatutos e bases de actuación para a súa aprobación.

B) Os propietarios adheridos:

Os demais propietarios de terreos, de predios ou dereitos reais, comprendidos no ámbito sinalado no artigo 2 e que expresen a súa vontade de integrarse á mesma segundo o previsto no artigo 134 da Lei do solo de Galicia 1/1997.

C) O concello da Coruña ou calquera outra entidade pública, titulares de bens incluídos no polígono, xa teñan carácter demanial ou patrimonial, sexan ou non promotores da xunta.

2. Conforme o disposto no artigo 135.1º da Lei do solo de Galicia, a incorporación dos propietarios á xunta non presupón a transmisión a ela dos inmobles afectados ós resultados da xestión común. Os terreos quedarán directamente afectados ó cumprimento das obrigas inherentes ó sistema e os seus propietarios ó cumprimento destes estatutos. Deste modo, o que corresponda a eles determinarase segundo o disposto no artigo 41 do Plan Especial de Reforma Interior da Cidade Vella e Pescadería concedendo ó polígono resultante o 100% do aproveitamento real.

3. Formará parte da xunta o representante do concello.

4. Os propietarios poderán facer uso do seu dereito a exerce-la súa incorporación á xunta que se refire no punto 1b) do presente artigo, mediante escrito

dirixido ó Concello da Coruña, no que farán consta-los seguintes extremos:

Nome, apelidos e enderezo.

A súa vontade de incorporarse á xunta someténdose ós seus estatutos e ás obrigas dimanantes da lei e dos acordos dos seus órganos colexiados.

A superficie e lindeiros dos predios da súa propiedade.

A natureza, duración e alcance dos dereitos reais constituídos sobre elas.

Os títulos dos que dimanen os respectivos dereitos e os datos referentes á súa inscrición no Rexistro da Propiedade.

Plano ou bosquexo do predio ou predios dos que sexan titulares perfectamente delimitados, con referencia expresa ó plano de ordenación do polígono.

5. Para o suposto de existiren propietarios descoñecidos ou en enderezo ignorado, a súa notificación efectuarase na forma que establece o artigo 121.1º da Lei do solo de Galicia conforme a publicación no DOG e no taboleiro de anuncios do Concello da Coruña.

6. Transcorridos os prazos de incorporación dos propietarios á xunta, ós seus predios quedarán suxeitos á expropiación ou á ocupación de conformidade co artigo 134.1º da Lei do solo 1/1997 quedando excluídos da xunta para tódolos efectos.

7. Os cotitulares dun predio ou dereito haberán de designar a unha soa persoa para o exercicio das súas facultades como membro da xunta, respondendo solidariamente fronte a ela de cantas obrigas dimanen da súa condición. Se non designasen representante no prazo que para o efecto se sinale, nomearao o órgano actuante.

8. Os titulares dun usufructo responderán perante a xunta segundo as normas de dereito común no caso de non cumprirse o pagamento.

Artigo 8º.-Incorporación de empresas urbanizadoras e constructoras.

1. Poderán incorporarse á xunta de compensación das empresas urbanizadoras e constructoras que acheguen total ou parcialmente os medios necesarios para a urbanización e a posterior construcción nos predios resultantes, de acordo ás normas que segundo as ordenanzas estéticas foran aprobadas polo concello en cuestión.

2. Para valora-la aportación da empresa e das adxudicacións ó seu favor haberá que aterse ó sinalado nas bases de actuación.

Será obxecto de convenio a forma de pagamento á empresa urbanizadora.

3. A incorporación poderá instrumentarse antes da constitución da xunta, consignándose no acordo de constitución, ou ben posteriormente, para o que se precisará da convocatoria dunha asemblea xeral, a asunción pola empresa ou empresas dos compromisos ó respecto e a adopción de acordo co voto favorable da maioría absoluta das cotas da xunta.

Artigo 9º.-Transmisión de bens e dereitos.

1. A incorporación á xunta dos propietarios non supón a transmisión a ela da propiedade dos inmobles, pero a propia xunta actuará como fiduciaria con pleno poder dispositivo.

2. A xunta de compensación será beneficiaria da expropiación, tanto dos bens dos propietarios que non se incorporen oportunamente á entidade, coma no caso de incumprimento das obrigas contraídas, nos supostos que se enumeran nas bases de actuación.

3. A xunta poderá gravar e allear terreos, ben incorporados a ela por expropiación ben achegados polos seus membros para facer fronte ós gastos xerais da xunta logo de acordo adoptado pola asemblea xeral, co quórum previsto no artigo 17.2º a) e b) destes estatutos.

Capítulo III

Da constitución da xunta

Artigo 10º.-Constitución da xunta.

1. No prazo establecido polo concello, a comisión xestora convocará a tódolos interesados para a constitución da xunta mediante escritura pública, efectuando a devandita convocatoria mediante carta certificada con xustificante de recepción cunha antelación de oito días hábiles á data da constitución, sinalando nela o obxecto da convocatoria, notario autorizante, lugar, data e hora.

2. A asemblea fundacional quedará validamente constituída coa asistencia persoal ou representada dos propietarios de terreos incorporados á xunta que representen máis do 50% da superficie total do polígono. O acordo de constitución requirirá o mesmo quórum.

3. Os interesados que non outorguen a escritura de constitución poderán consegui-la súa incorporación mediante escritura de adhesión, dentro do prazo dun mes seguinte á data de outorgamento da escritura de constitución e que lle deberá ser notificada ó resto dos propietarios que non asistiran no prazo de oito días despois da súa constitución.

Artigo 11º.-Da escritura de constitución.

1. Na escritura de constitución farase constar:

Relación de propietarios e, se é o caso, empresas urbanizadoras e constructoras.

Relación dos predios dos que son titulares.

Persoas que foran designadas para ocupa-los cargos do consello rector.

Acordo de constitución.

2. O acordo de constitución deberá notificarse de maneira que faga fe ós propietarios que non se incorporaran co fin de que poidan incorporarse no prazo dun mes desde a recepción da devandita notificación. Este prazo ten carácter preclusivo, polo que unha vez transcorrido, non poderán efectuarse novas incorporacións, salvo acordo unánime da xunta.

3. A copia autorizada da escritura e das adhesións, se é o caso, trasladarase ó Concello da Coruña que adoptará, se procede, acordo aprobatorio no prazo de trinta días desde o ingreso da documentación no rexistro xeral.

4. Aprobada polo concello a constitución, este elevará o acordo adoptado, xunto coa copia autorizada da escritura ó Servicio de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Capítulo IV

Órganos da xunta de compensación

Artigo 12º.-Órganos.

Os órganos que han de rexer e administra-la xunta de compensación, cada un no ámbito das súas facultades, son a asemblea xeral, o consello rector, o presidente, o secretario e o xerente.

Artigo 13º.-A asemblea xeral.

1. A asemblea xeral, constituída segundo estes estatutos, é o órgano supremo da xunta. Será presidida polo presidente do consello rector ou, no seu defecto, polo vicepresidente, actuando de secretario o do consello e estará formada por persoas físicas e xurídicas incorporadas á xunta e polo representante que para o caso designe o Concello da Coruña como órgano de tutela que só terá voz pero non voto.

2. As asembleas xerais poderán ser ordinarias e extraordinarias.

3. En sesión ordinaria, reunirase polo menos dúas veces ó ano; unha dentro dos seis primeiros meses de cada exercicio para censura-la xestión social e aprobar, se é o caso, as contas do exercicio anterior, e outra dentro do último trimestre natural para coñecer e aproba-los orzamentos do exercicio seguinte.

4. Na convocatoria das asembleas xerais ordinarias indicarase que no enderezo social se encontran a disposición dos membros os documentos elaborados polo consello rector correspondentes ós asuntos que hai que tratar, como a memoria e o balance do exercicio anterior ós orzamentos para o exercicio seguinte.

5. As restantes asembleas que se celebren para tratar asuntos sobre materias diferentes terán carácter de extraordinarias.

Artigo 14º.-Facultades da asemblea.

A asemblea, como órgano supremo de decisión, terá plenas facultades para resolver sobre calquera asunto propio da súa competencia para o cumprimento do obxecto e fins da xunta. A título enunciativo, enuméranse as seguintes facultades:

A designación e cesamento dos membros do consello rector, a aprobación do orzamento de cada exercicio e o cambio do enderezo social.

Exame da xestión común e aprobación, se é o caso, da memoria, balance e contas do exercicio anterior.

A modificación dos estatutos e bases de actuación, sinalización e rectificación de cotas de participación sen prexuízo da aprobación posterior por parte do concello.

Aproba-los orzamentos ordinario e extraordinario por proposta do consello rector.

Acorda-la realización de actos dispositivos sobre os bens dereitos da xunta e autoriza-la súa formalización.

Acorda-la constitución das garantías que puidesen esixi-los órganos urbanísticos para asegura-las obrigas contraídas pola xunta de compensación.

Acorda-la formalización de créditos para realiza-las obras de urbanización e edificación, mesmo con garantía hipotecaria dos terreos afectados.

Resolver sobre a incorporación de empresas urbanizadoras ou, noutro caso, determina-la empresa ou empresas que executarán as obras de urbanización e edificación por proposta do consello rector.

Acorda-la disolución ou transformación da xunta, cando fose preciso ou conveniente.

A resolución de cantos asuntos sexan propostos polo consello rector.

A edificación das parcelas resultantes así como dos sotos-aparcadoiros.

Aproba-los criterios de valoración dos predios resultantes e prezos para os supostos de compensación en metálico fixados para as parcelas mínimas de 60 m, conforme o establecido.

Solicita-la execución do dereito de tanteo e de retracto a favor da xunta de compensación.

a) Delegar expresamente no consello rector a xestión de tódalas facultades recoñecidas a favor da xunta.

b) Todas aquelas facultades que non estean expresamente atribuídas a outro órgano da xunta.

Artigo 15º.-Convocatoria da asemblea.

1. As reunións da asemblea xeral ordinaria serán convocadas polo presidente ou polo acordo do consello mediante carta certificada con xustificante de recepción ó enderezo que cada membro teña rexistrado na secretaría con oito días de antelación ó sinalado para a reunión. Tamén poderá ser convocada por calquera membro da xunta se o presidente non o fixera nos prazos establecidos para a súa celebración no artigo 13º destes estatutos.

2. Na convocatoria deberá figura-la orde do día, así como a hora, lugar e data na que ha de celebrarse a primeira reunión e, no caso de non haber quórum, a segunda, podendo celebrarse esta cun intervalo de trinta minutos, onde se tomarán os acordos que adopten a maioría dos membros presentes.

3. Con carácter extraordinario reunirase a asemblea por iniciativa do presidente ou do consello rector ou por requirimento dirixido ó consello por membros que representen polo menos o 30% das cotas de participación na xunta. A petición de reunión extraordinaria farase mediante carta certificada dirixida ó presidente do consello polos membros, detallando o obxecto da reunión e os asuntos que se van tratar.

Artigo 16º.-Constitución da asemblea.

1. A asemblea xeral, tanto ordinaria como extraordinaria, quedará validamente constituída en primeira convocatoria se concorren presentes ou representados un número de membros que representen máis do 50% do total das cotas de participación na xunta de compensación.

2. En segunda convocatoria, considerarase validamente constituída a asemblea calquera que sexa o número de asistentes a ela e as cotas de participación representadas despois de transcorridos 30 minutos do intento de celebración da primeira convocatoria.

3. Antes de entrar ó exame da orde do día formarase unha lista de asistentes, expresando o carácter ou representación de cada un e a cota de participación -propia e, se é o caso, allea- que porta cada propietario na devandita xunta. Ó final da lista, determinarase o número de membros presentes ou representados e a suma de cotas de participación asistentes.

4. Permitirase en todo momento para asistir á asemblea a delegación do voto mediante escrito dirixido con antelación á xunta ou ben mediante escrito de poder que se presentará no mesmo momento da celebración da asemblea.

Artigo 17º.-Adopción de acordos.

1. O presidente do consello rector presidirá a asemblea xeral e dirixirá os debates con orde e eficacia e dirimirá con voto de calidade os empates.

Actuará como secretario da asemblea o que sexa secretario do consello rector.

2. Os acordos tomaranse por maioría simple de cotas de participación presentes ou representadas, agás nos casos seguintes que esixirá o quórum que para cada caso se determinan (artigo 29, Regulamento de xestión urbanística):

a) Para a modificación dos estatutos e bases de actuación, sinalamento e rectificación de cotas de participación, liquidación da xunta, aprobación dos criterios de valoración dos predios, aprobación do proxecto de compensación e dos prezos para os supostos de compensación en metálico nas diferencias de adxudicación, incorporación de empresas urbanizadoras e constructoras, valoración das súas achegas e fixación das súas cotas, para edificación da xunta nos soares resultantes, alleamento e gravame de terreos propiedade da xunta adquiridos por expropiación ou por calquera outro título, requírese maioría absoluta das cotas de participación da xunta.

b) Para entrar na xunta de compensación unha vez transcorrido o prazo legalmente marcado para iso, é necesario a aprobación por maioría absoluta das cotas de participación.

3. Tódolos membros da xunta de compensación, mesmo os disidentes e non asistentes, quedarán sometidos ós acordos adoptados pola asemblea xeral. A interposición de calquera recurso non suspenderá a execución do acto impugnado.

Artigo 18º.-Asistencia á asemblea.

1. Os membros da xunta de compensación poden asistir á asemblea por si ou mediante representación conferida a outra persoa. Será válida a representación outorgada, ben mediante carta certificada dirixida ó presidente da xunta, ou ben mediante entrega material a este do documento que acredite a representación en calquera forma, deixándose constancia da súa recepción polo presidente. Será válida a representación só para a reunión á que se refira.

2. A representación do concello e das entidades dotadas de personalidade xurídica, que sexan membros da xunta, entenderase conferida a prol de quen legalmente o represente, tendo que presentarse o seu poder ó iniciarse a asemblea ou ben depositalo no enderezo social da xunta para que adquira carácter permanente.

Artigo 19º.-Acordos, actas e certificacións.

Das reunións da asemblea o secretario levantará acta, co visto e prace do presidente, facendo consta-los acordos adoptados e o resultado das votacións. As actas serán aprobadas na propia reunión da asemblea, serán asinadas por tódolos asistentes e levaranse ó libro correspondente. Se non fose posible aproba-la acta na propia asemblea, procederase á designación dos interventores, que, co visto e prace do presidente, aprobarán a acta redactada polo secretario, no prazo de vinte días, facendo constar que o texto dos acordos que figura nelas é o mesmo foi aprobado pola asemblea.

Unha copia da acta remitirase a cada un dos membros da xunta no prazo de dez días desde a súa aprobación.

Calquera membro da xunta poderá solicitar certificacións do libro de actas, que serán expedidas polo secretario co visto e prace do presidente.

Artigo 20º.-Composición e carácter do consello rector.

1. O consello rector é o representante permanente da asemblea e o órgano executivo normal de goberno e administración da xunta e está investido dos máis amplos poderes, facultades e atribucións para rexer e administra-la entidade.

2. O consello estará composto por un presidente e dous vocais nomeados pola asemblea xeral.

Tamén formará parte do consello, con voz pero sen voto, o representante da Administración actuante, nomeado por esta no acto de aprobación definitiva das bases e estatutos, e os dous vocais.

3. O vicepresidente e o secretario do consello serán nomeados polo propio consello entre os seus membros. Tamén poderá designar como secretario a unha persona que non sexa membro do consello, pero, en tal caso, o secretario terá voz pero non voto.

4. O consello poderá delegar todas ou algunhas das súas facultades nun conselleiro-delegado. Tamén poderá apoderar a persoa ou persoas integradas na xunta ou alleas a ela.

5. O consello determinará o seu réxime de funcionamento e o sistema de substitucións por ausencia, enfermidade ou outros motivos xustificados.

Artigo 21º.-Duración do cargo de conselleiro.

1. A duración do cargo de conselleiro será renovable anualmente, coincidente co exercicio económico, sen prexuízo de que fosen removidos pola asemblea xeral, renuncien voluntariamente ó cargo, falezan ou queden incapacitados por calquera causa.

2. No caso de cesar un conselleiro, o seu posto será provisionalmente cuberto por designación do consello rector ata que se reúna a asemblea xeral ordinaria. A asemblea poderá ratifica-la designación ou elixir outro, conforme o establecido nestes estatutos.

Artigo 22º.-Facultades do consello.

A representación da xunta de compensación en xuízo e fóra del, correspóndelle ó consello rector, sen máis limitacións que as consignadas nestes estatutos ou as que veñan impostas polos acordos da asemblea xeral. Sen prexuízo diso, o consello rector será representado ante terceiras persoas polo presidente do dito órgano. O consello rector poderá acorda-la delegación das súas facultades nun ou máis conselleiros e apodera-la persoa ou persoas integradas na xunta ou alleas a ela.

A título enunciativo son da súa competencia os seguintes actos: representar á xunta de compensación en xuízo ou fóra del, convoca-las asembleas xerais, ordinarias e extraordinarias, leva-la administración e goberno da xunta de compensación, contratar e despedi-lo persoal da xunta, preparar e presentar á asemblea xeral a memoria, balances, contas anuais e os orzamentos do exercicio seguinte, establece-la contía, forma e prazos no que terán que efectuarse as achegas económicas dos membros da xunta de compensación, conforme os orzamentos ordinario e extraordinario aprobados pola asemblea xeral, e, se é o caso, proceder contra dos membros morosos instando os procedementos pertinentes, mesmo o de constrinximento, por tódolos seus trámites; facer transaccións e compromisos, cobrar e pagar toda clase de cantidades, librar, aceptar, endosar, avalar e negociar letras de cambio e documentos de xiro; abrir, seguir e cancelar contas correntes e de crédito, mesmo no Banco de España; instar e

seguir por tódolos seus trámites, expedientes de expropiación de tódalas clases e contra toda clase de predios, sexan de persoas físicas ou xurídicas; convir valores, interpor reclamacións e recursos, nomear peritos para a valoración, ocupa-los predios expropiados, paga-lo valor convido e depositalo na caixa de depósitos, representa-la xunta de compensación ante toda clase de autoridades e organismos urbanísticos, entidades estatais, empresas e particulares, e ante xulgados e tribunais, organismos e corporacións, autoridades, notarios e rexistradores e funcionarios de calquera clase, ramo, grao e xurisdicción, exercendo, desistindo, transixindo e esixindo toda clase de dereitos, accións e expropiacións en tódolos seus trámites, con ou sen avinza, practicar requirimentos de toda clase de actos, feitos ou nego

cios xurídicos ou administrativos, mesmo os extraordinarios, ata obter resolución do seu cumprimento. De modo especial poderá, no que sexa consecuente orzamento das actuacións deste punto, facer cobramentos, pagamentos e consignacións, dar e cancelar fianzas, embargos e anotacións, tomar parte en poxas, dar e aceptar bens mobles neste último caso, pedir copia de documentos notariais, certificacións rexistrais e cantos outros documentos sexan precisos.

En todo caso, será facultade do consello rector a execución e cumprimento dos acordos adoptados pola asemblea.

Artigo 23º.-Reunións do consello.

1. As reunións do consello rector celebraranse cantas veces se coide conveniente para os intereses da xunta por convocatoria do presidente, con polo menos tres días hábiles de anterioridade; pola súa iniciativa ou pola petición, polo menos, de tres dos seus membros. A convocatoria deberáselles notificar ós membros do consello de forma que quede a debida constancia, sinalándose na orde do día.

2. O consello considerarase validamente constituído cando concorran polo menos, dous dos seus membros con dereito a voto. A asistencia ó consello realizarase persoalmente.

3. Entenderase validamente convocado e constituído o consello para tratar calquera asunto da súa competencia sempre que estean presentes a totalidade dos conselleiros e acepten por unanimidade a súa celebración.

4. Cada conselleiro ten dereito a un voto, salvo o representante da Administración actuante, que terá voz pero non voto. En caso de empate o voto dirimente corresponderalle ó presidente.

5. Os acordos serán adoptados por maioría simple de votos e serán inmediatamente executivos, sen prexuízo das accións e recursos que puidesen interpoñerse contra eles.

Artigo 24º.-Actas do consello.

1. As actas das reunións do consello aprobaranse na mesma reunión e serán recollidas no libro de actas polo secretario co visto e prace do presidente.

2. Igualmente co visto e prace do presidente ou quen faga a súa función, o secretario expedirá certificación de calquera acordo que sexa solicitada por membros da xunta, no prazo de dez días.

3. Dos acordos do consello daráselle conta á primeira asemblea.

Artigo 25º.-Nomeamento do presidente.

O presidente será elixido entre os membros do consello pola asemblea xeral e o seu nomeamento terá a duración que corresponde á súa condición de conselleiro, de acordo co artigo 21º destes estatutos.

Artigo 26º.-Funcións do presidente.

Son funcións do presidente:

1. Representar, en xeral a xunta de compensación, convocar, presidir, suspender e levantar sesións da

asemblea xeral e do consello rector, dirixi-las deliberacións e facer cumpri-los acordos.

2. Autoriza-las actas da asemblea xeral e do consello rector, as certificacións que se expidan e cantos documentos o requiran.

3. Representa-la xunta tanto en xuízo como fóra del.

4. Cantas funcións lle sexan delegadas pola asemblea ou polo consello rector.

Artigo 27º.-Nomeamento do secretario.

O secretario será designado por acordo adoptado polo consello rector de entre os seus membros pola duración que corresponde ó cargo de conselleiro, conforme o disposto no artigo 21º destes estatutos. Tamén poderá ser designado como secretario unha persoa física allea á xunta polo período de tempo que determine o consello. Neste caso, o secretario terá voz pero non voto. No caso de ausencia, vacante ou enfermidade actuará como secretario o conselleiro de menor idade presente na reunión, salvo acordo expreso do consello.

Artigo 28º.-Funcións do secretario.

a) Asistir preceptivamente a tódalas reunións da asemblea xeral e do consello rector.

b) Levantar acta das sesións, transcribindo o seu contido ó libro de actas correspondente, dilixenciado para o efecto polo secretario do concello e notifica-los acordos dos órganos colexiados da xunta.

c) Expedir certificacións co visto e prace do presidente.

d) Desempeña-las funcións administrativas que lle foran encomendadas pola asemblea xeral ou polo consello rector.

e) Custodiar tódolos documentos da xunta de compensación.

f) Levar nun libro rexistro a relación das cotas e demais datos que se teñan por convenientes.

Artigo 29º.-Nomeamento do xerente.

O consello rector poderá discrecionalmente nomear un xerente, ben sexa membro do consello ou non, con facultades e remuneración que se considere conveniente. Poderá ser removido do cargo en calquera momento por acordo do propio consello.

Artigo 30º.-Funcións do xerente.

a) Impulsa-la execución dos acordos da asemblea xeral e do consello rector.

b) Asistir ás sesións do consello e da asemblea xeral con voz pero sen voto.

c) Representa-la xunta de compensación para efectos puramente administrativos, sen prexuízo das facultades que expresamente delegue no consello rector.

d) Organiza-los servicios de réxime interior da xunta.

e) Cantas funcións lle sexan encomendadas pola asemblea xeral ou polo consello rector.

Artigo 31º.-Publicidade dos acordos do consello.

Os acordos do consello seranlles notificados ós membros da xunta por acordo do consello ou do seu presidente.

Capítulo V

Dereitos e obrigas dos membros

Artigo 32º.-Criterios de participación dos membros da xunta.

a) A participación dos membros da xunta de compensación nos dereitos e obrigas comúns virá determinada pola cota sobre o total que lle corresponda a cada un. A dita cota de participación fixarase segundo os predios achegados á xunta de compensación, e pola superficie de cada unha delas.

b) O valor dos demais bens e dereitos afectados pola execución do plan, que non deban subsistir ó levarse a efecto a urbanización, non influirá na participación dos asociados, pero determinarase para os efectos da súa indemnización na forma sinalada nas bases.

Artigo 33º.-Dereitos.

Sen outras limitacións que establecidas nas leis, no planeamento vixente, nos presentes estatutos e nas bases de actuación da xunta, e de conformidade cos acordos adoptados polos seus órganos de goberno, os membros da xunta terán os dereitos que, a título enunciativo, se relacionan a continuación:

1. Exercer plenas facultades dominicais sobre os bens e dereitos da súa titularidade, e, en consecuencia, sobre a cota de participación que lle fora asignada pola asemblea en representación da súa achega que poderá allear, gravar, ou sobre os que poderá realizar outros actos de disposición ou administración sen prexuízo do seu deber de facer constar ó adquirinte as circunstancias da incorporación á xunta e de regular expresamente a subrogación do novo titular nos dereitos e obrigas do transmitente.

2. Adquiri-la titularidade do predio ou predios que lle sexan adxudicados en compensación, xa na súa totalidade, xa en participacións con outros membros, conforme se regula nas bases de actuación da xunta.

3. Concorrer ás reunións da asemblea xeral, participando en proporción á súa cota na adopción dos acordos, que poderá, se é o caso, impugnar na forma prevista estatutariamente. Ser candidato na designación dos membros do consello rector, e ser informados plenamente da situación da xunta.

4. No momento da disolución da xunta, percibi-la parte do patrimonio resultante que lles correspondera en proporción á súa participación.

5. Todos cantos outros dereitos se deriven dos presentes estatutos e das disposicións legais aplicables.

Artigo 34º.-Obrigas.

Os membros da xunta de compensación estarán obrigados:

1. A lle facilitar á xunta, no prazo de quince días contados desde a súa incorporación, os documentos

que acrediten a titularidade do predio ou predios achegados, detallando as cargas e gravames de que puideran estar afectadas, con expresión da súa natureza, contía e nome e enderezo dos seus titulares.

2. A designar, no momento da súa incorporación á xunta, un enderezo para efectos das notificacións que procedan. No momento no que se consideren ben feitas producirán plenos efectos mentres non se comunique ó consello rector outro enderezo distinto.

3. A satisfacer, nos prazos e forma que se establezan, as cantidades necesarias para atende-los gastos ordinarios ou extraordinarios da xunta.

4. A outorga-los documentos públicos e privados que sexan precisos para a formalización dos acordos de compensación, das cesións obrigatorias e dos demais actos xurídicos oportunos, conforme os proxectos aprobados regulamentariamente.

5. A designar unha persoa que represente a tódolos cotitulares, en supostos de copropiedade, para o exercicio dos dereitos e obrigas sen prexuízo da responsabilidade solidaria de tódolos copropietarios. A dita designación deberase facer no prazo dun mes, contado desde a incorporación; transcorrido o dito prazo ou de non existi-lo dito acordo entre os copropietarios, realizaraa o organismo urbanístico de control.

6. A cumpri-las prescricións establecidas no planeamento vixente, nos presentes estatutos e nas bases de actuación da xunta; a observa-los acordos adoptados pola asemblea xeral ou polo consello rector no ámbito da súa competencia, sen prexuízo dos recursos ós que puidera dar lugar.

7. A non abandona-la xunta de compensación unha vez incorporado formalmente a ela.

8. A regulariza-la titularidade, situación rexistral e demais disposicións legais dos terreos achegados dentro dos prazos que sinale o consello rector.

9. A notificar á xunta as transmisións por calquera título dos seus terreos, con indicación do adquirente e dos terreos cedidos, concedendo, en virtude do disposto na base 15 de actuación, á xunta de compensación o dereito precedente de tanteo e de retracto. No caso de que a xunta non decidera no prazo de quince días hábiles proceder a exercer este dereito, a dita venda poderase realizar non lle permitindo ó novo adquirente abandona-la xunta de compensación.

Capítulo VI

Medios económicos e regras para a exacción

de cotas

Artigo 35º.-Medios económicos.

1. Os medios económicos de que dispón a xunta de compensación para lles facer fronte ós gastos de urbanización e de edificación estarán constituídos polas cotas dos membros da entidade, así como por calquera outro ingreso, subvención, crédito, producto de alleamento dos seus bens ou rendas do seu patrimonio que poideran obterse segundo a lexis

lación vixente e de conformidade co artigo 4º destes estatutos.

2. As cotas poderán ser ordinarias e extraordinarias.

3. Son cotas ordinarias as destinadas a sufraga-los gastos xerais de administración da entidade, e extraordinarias as destinadas ó pagamento dos custos de urbanización, os de edificación, e as expropiacións das que sexa beneficiaria a xunta.

4. As cotas ordinarias e as extraordinarias serán fixadas pola asemblea xeral por proposta do consello rector.

5. Os fondos da entidade serán custodiados en entidades de crédito designadas polo consello rector, no nome da xunta.

Artigo 36º.-Gastos.

Serán esixidos á xunta todos aqueles que sexan consecuencia do cumprimento do seu obxecto e fins, e entre eles, e a título meramente enunciativo, sen constituír numerus clausus, os que a continuación se indican:

Os derivados da iniciativa e promoción da actuación dirixidos á constitución da xunta tales como a redacción do proxecto de estatutos, bases de actuación e a execución do proxecto de edificación, das normas de ordenanzas estéticas e de medicións e levantamentos topográficos nos terreos afectados.

Os honorarios profesionais e demais custos precisos para a redacción, tramitación e aprobación do estudio de detalle, proxecto de urbanización, do proxecto de compensación, e en xeral calquera outro proxecto que permita dar cumprimento ós fins da xunta logo de orzamento, e para o caso de que fora preciso a súa aprobación polo colexio profesional que fose pertinente.

O financiamento das obras de urbanización, incluíndo, se é o caso, as indemnizacións debidas ós propietarios, arrendatarios ou titulares de calquera ben, dereito, construcción, obra ou instalación que haxa de extinguirse ou demolerse para a execución do planeamento.

Os precisos para la expropiación dos predios, bens ou dereitos de propietarios que non se incorporen ou adhiran á xunta de compensación.

Os esixibles pola debida Administración e, se é o caso, a xerencia da xunta.

Os necesarios para a execución das obras de edificación realizados de acordo cos parámetros determinados polas ordenanzas estéticas, dadas polo Concello da Coruña.

Artigo 37º.-Contía e pagamento das achegas.

No desenvolvemento dos orzamentos ordinarios ou extraordinarios sinalados pola asemblea xeral, o consello rector establecerá as cantidades que deben satisfacer cada un dos membros da xunta, así como a maneira, prazos e condicións de pagamento.

Sen prexuízo da compensación ou pagamento de indemnizacións que poidan ser procedentes con

carácter individual incluídas as exencións ó pagamento de determinados membros desta xunta, o importe total da achega acordada distribuirase entre os membros con carácter proporcional en relación co coeficiente ou cota de participación que cada un dos seus membros teña asignado.

Os prazos para a exacción e, se é o caso, as penalizacións, recargas ou xuros de demora, serán os determinados polo consello rector e a súa falta de pagamento facultará o consello rector para instalo polo procedemento de constrinximento ou por calquera outro que estime pertinente.

En todo caso, non poderá instarse o procedemento de expropiación ou o de constrinximento por non-pagamento de achegas ata transcorrido un mes natural desde o requirimento de pagamento iniciado pola xunta de compensación.

Artigo 38º.-Da contabilidade.

1. A entidade levará a contabilidade da xestión económica en libros axeitados para que en cada momento poida darse razón das operacións efectuadas e se deduzan das contas que han de renderse.

2. Obrigatoriamente a contabilidade constará como mínimo dun libro de ingresos, un libro de gastos, e un libro de caixa.

3. A contabilidade da entidade estará ó cargo do secretario, salvo que se nomease un xerente, e neste suposto corresponderalle a este, baixo a inspección do secretario ou do consello rector por medio do seu presidente.

Capítulo VII

Réxime xurídico

Recursos administrativos contra os acordos

da xunta

Artigo 39º.-Executoriedade.

Coa única excepción de que sexa necesaria para a súa efectiva autorización ulterior da Administración actuante, os acordos da xunta de compensación serán inmediatamente executivos.

Artigo 40º.-Recursos.

1. Os acordos do consello rector poderán ser impugnados polos membros da xunta de compensación dentro do prazo de quince días hábiles seguintes á súa notificación, ante a asemblea xeral, que deberá resolver no prazo dos dous meses naturais seguintes á súa impugnación. No suposto de non ser resolto pola xunta no prazo estipulado, a alegación entenderase desestimada.

Contra os acordos, expresos ou tácitos da asemblea xeral poderase formular recurso ordinario ante o Concello da Coruña, dentro do prazo dos quince días seguintes ó da notificación da resolución sobre a dita alegación ou, se é o caso, unha vez transcorrido o prazo sinalado no punto anterior sen pronunciarse.

A resolución do recurso polo Concello da Coruña mediante a súa desestimación, ben expresa ou ben tácita, deixará expedita a vía xurisdicional.

2. Só están lexitimados para recorre-los acordos da asemblea os membros da xunta que votaran en contra do acordo que se impugne.

Artigo 41º.-Responsabilidade da xunta de compensación e dos seus membros.

A responsabilidade dos membros da xunta ante esta e as consecuencias do seu incumprimento, así como os da xunta e os seus membros ante a Administración actuante, producirase nos termos regulados nos artigos 181, 182 e 183 do Regulamento de xestión urbanística.

Artigo 42º.-Interdictos.

Os membros da xunta non poderán promover acción interdictal fronte ás resolucións da xunta de compensación, adoptadas en virtude da facultade fiduciaria de disposición sobre os predios daqueles e de acordo co procedemento estatutariamente establecido. Tampouco procederá a acción interdictal cando a xunta de compensación ocupe bens que sexan precisos para a execución das obras de urbanización, de conformidade co plan que se execute.

Artigo 43º.-Disolución.

A xunta de compensación disolverase logo de cumprimento do seu obxecto, requirindo en todo caso acordo do órgano urbanístico de control.

Non poderá aprobarse a disolución da xunta de compensación mentres non conste o cumprimento total das obrigas a que está afectada. O consello rector estará facultado, coas limitacións que a asemblea xeral acorde, para realiza-las operacións subseguintes á disolución.

Artigo 44º.-Liquidación.

Acordada validamente pola asemblea xeral a disolución da xunta de compensación, e obtida a aprobación do Concello da Coruña, procederase á súa liquidación.

O patrimonio da xunta de compensación, se o houber, distribuirase entre os membros da xunta en proporción ás súas cotas de participación.

As operacións de liquidación levaranse a cabo por un número impar de liquidadores da clase peritos contables, que designará a asemblea xeral. Os liquidadores quedarán suxeitos ós acordos da asemblea, que os poderá remover en calquera momento.

Capítulo VIII

Da conservación das obras

Artigo 45º.-Conservación da urbanización.

1. As obras de urbanización, na súa totalidade ou por etapas, conservaranse con cargo ó propio proxecto de urbanización ata a súa entrega por fases ou total a favor da Administración actuante.

2. A xunta de compensación realizará as obras de carácter estructural nos terreos de cesión obrigatoria previstos para este polígono quedando o resto das obras, de ornamentación e acabados, para seren sufragadas polo Concello da Coruña no caso de resul

tar excesivas as cargas, equiparándose polo tanto co doutras actuacións analógas.

3. Unha vez recibida definitivamente a obra de urbanización de cesión obrigatoria ó concello, a conservación corresponderalle ó Concello da Coruña, sendo este mesmo o que se compromete a financia-los ornamentos e acabados necesarios para dispoñer dos terreos de cesión estipulados no Plan Especial de Reforma Interior para este polígono.

A Coruña, vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e nove.