Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CALDAS DE REIS

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno, con data do 21-9-1999, o estudio de detalle nº 2 (Foresa), en desenvolvemento das normas subsidiarias municipais, promovido por Foresa e redactado por Arteplan Galicia, S.L., e visado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 29 de xuño de 1999.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello, e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Caldas de Reis, 1 de outubro de 1999.

José Mª Tobío Barreira

Alcalde