Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1999 pola que se anuncia concurso público aberto urxente para a contratación da subministración e instalación de equipamento informático para o Instituto Galego de Promoción Económica.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público para a contratación da subministración e instalación de equipamento informático para o Igape.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), barrio de San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela, Tf.: 981 54 11 01, fax: 981 54 11 20.

b) Número de expediente: C.P. nº 26/99.

2. Obxecto do contrato: subministración e instalación de equipamento informático para o Igape, coa seguinte desagregación en lotes:

Lote 1: equipos de usuario.

Lote 2: ampliación de servidor de procedementos.

Lote 3: ampliación de servidor web de Igatel.

Lote 4: software de sistemas.

Lote 5: equipos servidores.

Lote 6: outro equipamento.

Lote 7: impresoras.

Lote 8: software antivirus.

Prazo de execución: segundo oferta técnica, que en ningún caso excederá do 31 de decembro de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 31.625.031 ptas. (trinta e un millóns seiscentas vintecinco mil trinta e unha pesetas), IVE incluído, distribuído do seguinte modo:

Lote 1: equipos de usuario14.022.161 ptas.(*)

Lote 2: Ampliac. Serv. de Procedmtos.1.209.880 ptas.

Lote 3: Ampliac. de Serv. web Igatel1.204.080 ptas.

Lote 4: software de sistemas2.355.300 ptas.

Lote 5: equipos servidores5.223.518 ptas.

Lote 6: outro equipamento1.762.200 ptas.

Lote 7: impresoras3.739.500 ptas.

Lote 8: software antivirus1.078.800 ptas.

(*) Das que ata un máximo de 13.780.161 ptas. se aboarán en metálico, e ata un mínimo de 242.000 ptas. aboaranse en especie, mediante entrega de equipamento informático existente no instituto.

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación do lote ou lotes ós que licite.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: barrio de San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: 981 54 11 01.

e) Telefax: 981 54 11 20.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión finalizará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo

do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12 horas do segundo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12 horas do oitavo día hábil seguinte ó do termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura das ofertas económicas, na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios: os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1999.

Diego Diz Fernández

Director general del Instituto Gallego

de Promoción Económica