Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.593

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (180/1998).

Luis Pablo Mata Lostes, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, fai saber que nos autos de execución nº 180/1998, seguidos neste xulgado por instancia de Teresa Mato García, contra a empresa Mª Carmen Gesto Nieto, sobre despedimento, por resolución desta data, se acordou sacar a pública poxa e polo termo de vinte días, os bens embargados á executada que logo se dirán, e sinalar para a realización da primeira poxa o día 23 de novembro deste ano. No caso de quedar esta deserta, sinálase para a segunda poxa e con rebaixa do 25% respecto da primeira, o día 16 de decembro, e de resultar igualmente esta deserta, sinálase para a terceira poxa, na que non se admitirán ofertas que non superen o 25% respecto á primeira, o día 20 de xaneiro do ano 2000, todas elas ás doce horas, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, do polígono das Fontiñas desta cidade. Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse calquera das

poxas nos días e horas sinalados, terán lugar o seguinte día hábil, á mesma hora, exceptuando os sábados, e rexeranse polas seguintes condicións:

a) Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente o 20% do valor dos bens que sirva de tipo para ela.

b) Non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes do tipo.

c) Poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado depositado na mesa desta secretaría xunto co importe da consignación a que se refire a letra a), xuntando resgardo dela, que se realizará na conta de consignacións deste xulgado aberta na O.P. do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, sita na rúa Senra nº 3-5, conta nº 1596, clave 64.

d) Os licitadores aceptan a titulación e cargas que constan no expediente.

e) Só a adaptación ou adxudicación practicada a favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios poderá efectuarse en calidade de lla ceder a terceiros.

f) Se por forza maior ou causas alleas ó xulgado non puidese realizarse calquera das poxas nos días e horas sinalados, terán lugar o día seguinte hábil á mesma hora, exceptuando os sábados.

Bens obxecto de poxa

Predio número doce.-Vivenda da quinta planta da casa número 17 da rúa Montero Ríos, na cidade

de Santiago de Compostela. Extensión: 159,95 m. Linda: norte r/ Montero Ríos; sur, terraza anexa á 1ª planta; leste, Constructora Benéfica Caixa Postal de Aforros; oeste, casa nº 19 de Montero Ríos, relanzo das escaleiras e patio de luces; ademais, polo norte e oeste, coa caixa do aseconsor. Cota de participación: nove, setenta e cinco por cento. O predio está gravado con cargas, quedando subsistentes as cargas anteriores e preferentes ó crédito do demandante. Para tal efecto poden consultarse estas na secretaría deste xulgado e no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, onde figura inscrito a favor da debedora por adxudicación, segundo consta na inscrición 1ª do predio nº 1980, no folio 23 do libro 24, tomo 984.

O prezo xusto polo que o predio sae a poxa é de dez millóns duascentas corenta e catro mil oitocentas sesenta e sete pesetas (10.244.867 pesetas).

Os autos estarán de manifesto na secretaría do xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa.

Dado en Santiago de Compostela o 22 de setembro de 1999.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado