Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 1999, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación, polo sistema de concurso público aberto, da asistencia para a organización do Congreso Galaico-Portugués de Comunicación baixo o lema: Galicia e Portugal: a comunicación euro-rexional no século XXI.

En virtude do Decreto 350/1999, do 10 de decembro, polo que se determinan os centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia, créase a Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, e en virtude do Decreto 13/1999, do 8 de xaneiro, establécese a estructura orgánica da secretaría xeral.

De acordo co artigo 72.4º da Lei 11/1992, do 7 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, as factultades sobre autorización de gasto

poderán ser obxecto de delegación ou desconcentración, ad sensum do artigo 13 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e a Orde do 22 de febreiro de 1999, sobre delegación de atribucións no secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos.

Por Resolución do 30 de xullo de 1999, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, foi convocada a contratación, polo sistema de concurso público aberto, da asistencia para a organización do Congreso Galaico-Poturgués de Comunicación baixo o lema Galicia e Portugal: a comunicación euro-rexional no século XXI e publicada no Diario Oficial de Galicia nº 152, o día 9 de agosto de 1999.

De conformidade cos artigos 82 e 89 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e os puntos X e XI do prego de cláusulas administrativas particulares, a mesa de contratación, constituída para o efecto, despois de examinar e pondera-las proposicións presentadas, elévalle proposta de adxudicación ó órgano de contratación. Unha vez vista a acta da mencionada mesa de contratación, e tendo en conta os artigos 74, 75, 87 e 209 da Lei 13/1995, do 18 de maio, e os puntos VII e X do prego de cláusulas administrativas particulares deste contrato, esta secretaría xeral resolveu adxudicarlle a contratación á empresa José Luis Teófilo Comunicación, S.L., por un importe (IVE incluído) de 6.399.360 pesetas (38.460, 93 euros).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, ad sensum dos artigos 58 e 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrivo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da notificación ou publicación do acto, que pon fin á vía administrativa, conforme o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 1999.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións cos Medios

Informativos