Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.592

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (446/1998).

No procedemento de menor contía 446/1998, seguido no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, por instancia de Banco Pastor, S.A., contra Viajes Canoa, S.L. e Viajes Ulloa, S.A., sobre menor contía, dictouse a sentencia que, copiada no seu encabezamento e decisión, é como segue:

«Sentencia nº.

En Santiago de Compostela o 9 de xuño de 1999, José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, vistos os presentes autos de menor contía 446/1998, seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha, como demandante, Banco Pastor, S.A., co procurador Victorino Regueiro Muñoz e doutra, como demandado, Viajes Canoa, S.L., co procurador Domingo Núñez e Viajes Ulloa, S.A., sobre tercería de dominio.

Decido que, estimando a demanda de tercería de dominio presentada polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación do Banco Pastor, S.A., contra Viajes Canoa, S.L. e Viajes Ulloa, S.A., declaro que o ben obxecto de embargo é o xuízo executivo nº 380/1997, isto é, a cantidade de 10.000.000 de pesetas obxecto de consignación, pertencen á demandante neste procedemento, e dispoño que se alce o embargo realizado sobre el, ordenando que esa cantidade de diñeiro sexa posta á disposición da demandante e se lle devolva. Todo isto sen facer expresa imposición das custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación, para ante a Audiencia Provincial, no prazo de cinco días contados a partir do seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E co fin de que lle sirva de notificación en forma ó demandado Viajes Ulloa, S.A., expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela o oito de setembro de mil novecentos noventa e nove.

O/a secretario/a

Rubricado