Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.590

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 13 de outubro de 1999 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 1 de setembro de 1999.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, por Orde do 1 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 175, do 9 de setembro), de conformidade co disposto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada pola Lei 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 1 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 175, do 9 de setembro).

Segundo.-Adxudicar destino, nos postos de traballo que se indican, e selecciona-los funcionarios que se citan no anexo I desta orde.

Terceiro.-O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ó do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servicios, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licencias que, se é o caso, lles foran concedidas ós interesados. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto.-O xefe do centro no que cause baixa o funcionario, así como o daquel no que obteña destino consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1999.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

ANEXO

NRP/DNI: 3236640146 A2074.

Grupo: B.

Apelidos e nome: González Deus, Fidel Juan.

Código: OT.C05.00.000.15770.020.

Denominación do posto de traballo: Servicio Transporte Ferroviario.

Centro directivo: Dirección Xeral de Transportes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A2 Administración especial.

Nivel: 28.

Específico: 1.703.640.

NRP/DNI: 3244498346 A2060.

Grupo: A.

Apelidos e nome: Veiga Lendoiro, Jorge Antonio.

Código: OT.C05.00.000.15770.028.

Denominación do posto de traballo: Servicio de Apoio Xurídico.

Centro directivo: Dirección Xeral de Transportes.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo ou escala: A1 Administración xeral.

Nivel: 28.

Específico: 1.703.640.