Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería
de Educación e Ordenación Universitaria pola Orde do 25 de agosto de 1999 (DOG nº 169, do 1 de setembro).
Esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas polos artigos 15.4º e 27.2º da Lei da función pública de Galicia e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo,
RESOLVE:
Primeiro.-Adxudicarlle destino no posto de traballo que se indica ó funcionario do que se expresan os seus datos no anexo desta orde.
Segundo.-O cesamento no actual destino do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
A toma de posesión da praza adxudicada deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo dun mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cause alta o funcionario realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, a dilixencia de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.
Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta consellería a vontade de interpoñelo.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 1999.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO
Denominación e código do posto: xefe do Servicio de Apoio e Orientación ós Estudiantes Universitarios. ED.C06.00.001.15770.008.
Dependencia: Dirección Xeral de Universidades.
Localidade: Santiago de Compostela.
Grupo: B.
Nivel: 28.
Corpo ou escala: corpo de profesores de EXB.
Apelidos e nome: Villar Iglesias, Xosé.
Nº de rexistro de persoal: A45EC155666.