Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Luns, 25 de outubro de 1999 Páx. 12.576

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1999, da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se resolve o concurso público para a concesión de prórrogas de bolsas correspondentes ó programa de investigación mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico convocado no anexo IV da Orde do 9 de de abril de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 26 de abril).

A orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 9 de abril de 1999 (DOG do 26), aprobaba as bases para a convocatoria de prórroga das bolsas concedidas como consecuencia da resolución da convocatoria de bolsas de formación en temas de investigación mariña para técnicos especialistas en formación profesional de 2º grao e ciclos formativos de grao superior (orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 1 de xullo de 1998, DOG do 3 de agosto) (anexo IV) do programa de investigación mariña do Plan Galego de Investigación e Desenvolvemento Tecnolóxico.

Na base 3 do anexo IV da mencionada orde de convocatoria determinábase que a avaliación das solicitudes sería efectuada por unha comisión que será designada polo director xeral de Formación Pesqueira e Investigación e polo secretario xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Na súa virtude, atendendo a proposta elaborada pola citada comisión, a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento e a Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación

RESOLVEN:

Primeiro.-Concedérlle-la prórroga das bolsas ás persoas que se citan no anexo desta resolución.

Segundo.-O incumprimento por parte dos beneficiarios de calquera das bases establecidas na orde de convocatoria do 9 de abril de 1999 (DOG do 26), suporá a perda do dereito a percibi-la axuda correspondente.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da data da súa publicación no DOG, de acordo co disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Sen embargo, os interesados poderán interpoñer calquera outro recurso que coiden oportuno.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1999.

Joaquín Mariño Cadarso Miguel Ángel Ríos Fernández

Director xeral de FormaciónDirector xeral de Investigación

Pesqueira e Investigacióne Desenvolvemento

ANEXO

Prórroga de bolsas para técnicos especialistas

en FP 2º grao e CFGS do programa

de investigación mariña

Apelidos e nomeDNIPartidas orzamentarias

ás que se imputarán

as mensualidades das bolsas

Álvarez Padín, Alicia76.817.395-V12.04.432.A.480.0

Benito Domec, Josune46.895.734-E04.07.432.A.480.0

Gianzo Quintela, Mª Cristina33.272.091-S04.07.432.A.480.0

Graña Pereira, Mª Isabel78.739.832-E(*) 04.07.432.A.480.0

e 12.04.432.A.480.0

Pereiro González, Margarita33.275.094-M04.07.432.A.480.0

Rivas Martínez, Ana Mª35.322.433-E04.07.432.A.480.0

(*) Financiarase as primeiras sete (7) mensualidades con cargo á partida 04.07.432.A.480.0, e as 5 restantes con cargo á partida 12.04.432.A.480.0.

As actividades de formación dentro do programa das bolsas a que fai referencia a base 4, parágrafo segundo do anexo IV da Orde do 9-4-1999 financiaranse con cargo á partida orzamentaria 12.04.432.A.480.0.